viernes, 29 de abril de 2016

MANIFESTO 1 DE MAIO O 1 DE MAIO, REIVINDICANDO A RECUPERACIÓN DOS NOSOS DEREITOS DE CLASE TRABALLADORA

72.000 empregos destruídos nos últimos catro anos en Galicia.
75.000 unidades de convivencia con todos os membros en paro.
32.800 familias sen ningún ingreso.
300.000 traballadoras e traballadores cun salario igual ou menor do SMI.
92% dos contratos foron de carácter temporal no 2015.
40% de taxa de desemprego na xente moza.

Estes son algúns exemplos de datos demoledores cos que se escribe un triste relato dun país que destrúe o seu emprego, un lugar onde os fogares están nunha situación insostible, mentres o Goberno segue a aplicar unhas políticas dirixidas ao enriquecemento dunha minoría. É dicir: estamos a vivir nun país destrutor da economía e inimigo do ben común.

miércoles, 20 de abril de 2016

"AS MULLERES NA POLÍTICA E A SÚA REPRESENTACIÓN MEDIÁTICA"


Esquerda Unida Compostela organiza unha charla coloquio coa participación de Asunción Bernárdez Rodal. Dita charla titulase “As mulleres na política e a súa representación mediática”. Celebrarase o Xoves 28 de abril  ás 19:30h no local de Compostela Aberta na praza do Toural en Compostela. A participación e libre.



Asunción Bernárdez Rodal é profesora titular da Universidade Complutense de Madrid de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información, materias que imparte na Facultade de Ciencias da Información.
 Doutora en Xornalismo e Licenciada en Filoloxía Hispánica, na actualidade dirixe o Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense. Foi coordinadora do Programa de Doutoramento en Estudos Feministas e de Xénero. Formou parte da comisión de expertas/os para a violencia de xén

martes, 19 de abril de 2016

MOBILIZACIÓN NACIONAL DO SÁBADO 23 DE ABRIL EN COMPOSTELA


Esquerda Unida Compostela está a participar activamente na constitución da REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS que vén de constituirse hai unha semana e da que participan diferentes colectivos sociais, organizacións políticas e sindicais.


Tras varias xuntanzas mantidas a nivel galego, dámosvos traslado das accións acordadas e previstas para estes días, resaltado sobre todo a MOBILIZACIÓN NACIONAL DO SÁBADO 23 DE ABRIL en Compostela.

A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, constituiuse para promover e coordenar en Galicia actuacións dirixidas á formación, concienciación social e incidencia política ante a realidade das persoas refuxiadas, e que está  conformada por ONG, Asociacións, Entidades, Movementos Sociais, Sindicatos, Partidos Políticos e persoas individuais:
 
O próximo día 20 de abril, ás 10:30, convocará unha Rolda de Prensa informativa,  na Librería Couceiro (Praza Cervantes) en Santiago de Compostela, para:

miércoles, 13 de abril de 2016

14 DE ABRIL MEMORIA PARA O CAMBIO. TRABALLO PARA A III REPÚBLICA

Este xoves 14 de abril levaremos a cabo varios actos públicos organizados por Esquerda Unida Compostela pola II República.

Ás 17:30 faremos unha ofrenda floral no Cementerio Municipal de Boisaca en honor dos republicanos represariados polo réximen dictatorial franquista. 

Ás 19:30 levaremos a cabo un acto público na Alameda, diante do IES Rosalía de Castro, xunto ás estatuas das Dúas Marías.

O mesmo será introducido por María Rozas, Concelleira no Concello de Compostela, por Compostela Aberta.

Ricardo Gurriarán, historiador, falará sobre a Memoria da II República


ESQUEDA UNIDA APOIA A FOLGA DE ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E SUPERIOR CONVOCADA O 13 DE ABRIL

Esquerda Unida aposta pola inmediata derogación da lei Wert e do Decreto 3+2



Compostela, 12 de abril de 2016. A Área de Educación de Esquerda Unida expresa o seu total apoio á convocatoria de folga de estudantes de universidade e educación secundaria "convocada para este mércores 13 de abril a través de asembleas estudantís unitarias promovidas polo movemento estudantil galego en reivindicación da inmediata derogación da LOMCE e o Decreto 3 + 2.

Considerada de forma unánime pola comunidade educativa como unha lei de corte extraordinariamente regresivo e conservaddor, e precedida das maiores mobilizacións da historia da democracia en España en contra dunha lei educativa, Esquerda Unida quere sinalar o compromiso adquirido no seu momento pola totalidade das forzas parlamentarias da oposición ao goberno do PP de derogar a LOMCE, polo que considera a proposición de ley do PSOE aprobada no parlamento o pasado 5 de abril como insuficiente, e propón a inmediata derogación da mesma.

De igual xeito Esquerda Unida, comparte a proposta do estudantado galego en relación á inmediata derogación do Decrerto 3+2, que ao prolongar por dous anos os estudos de máster, profundiza na progresiva privatización da universidade, ao tempo que dispara os custos para o estudantado, facendo inasumible para cada vez sectores de poboación máis amplos a finalización dos estudos superiores.