martes, 22 de noviembre de 2016

ESQUERDA UNIDA APOIA A FOLGA EDUCATIVA DO 24 DE NOVEMBRO CONTRA AS REVÁLIDAS E POLA DERROGACIÓN DA LOMCE




A ÁREA DE EDUCACIÓN DE EU apoia á folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada.


A Área de Educación de EU dende o seu  irrenunciable compromiso coa educación pública, vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque forntal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todos e todas a unha educación de calidade en condicións de igualdade. 


Por este motivo Esquerda Unida únese ao conxunto da comunidade educativa que esixe a retirada inmediata do decreto de REVÁLIDAS, imposto polo goberno en funcións do PP en contra das propias Comunidades Autónomas que o terían que aplicar; esixe a reversión dos RECORTES educativos, que supuxeron o deterioro da educación pública coa expulsión de miles de docestes das súas aulas; e a DERROGACIÓN da LOMCE, unánimemente rexeitada pola comunidade educativa, e polo Congreso dos Deputados ata en dúas ocasións nos últimos meses, sendo aprobada este martes 15 de novembro nesa cámara unha proposición de lei para a paralización urxente na aplicación da mesma, co único voto en contra do PP.


A Área de Educación iniciou unha campaña de informativa orientada a favorecer a mobilización do vindeiro 24 de novembro, consistente na presentación de mocións municipáis pedindo a derrogación das Reválidas e a LOMCE, a realización de actos comarcais de carácter aberto, así como a difusión de materiais informativos en relación á LOMCE e as reválidas. 

No hay comentarios: