O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA DENUNCIA O ATAQUE AO BENESTAR QUE DECRETA O SUICIDIO ECONÓMICO DO
CONCELLO.
EU
COMPOSTELA APOIA A PROGRESIVIDADE FISCAL QUE PROXECTA COMPOSTELA ABERTA NECESARIA
PARA PODER APLICAR POLÍTICAS SOCIAIS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
manifesta a súa máis firme repulsa á alianza estratéxica e antisocial
perpetrada polo PSOE e PP que, por desexar desgastar a un equipo de goberno,
opta por hipotecar o futuro económico do Concello e imposibilitar o
desenvolvemento de políticas sociais para que todos os veciños e veciñas teña a
mesma igualdade de oportunidades.
Os intereses sectarios e estratéxicos dos partidos
do réxime -abafados pola corrupción e reféns dos poderes económicos- deseñaron
o obxectivo de atacar á veciñanza compostelá. A demagoxia, o populismo e o
electoralismo explican o proceder das forzas do réxime. O acontecido hoxe no
Pleno amosa claramente que nin o dedocrátrico exalcalde, Agustín Hernández, nin
Paco Reyes, cadáver político que levou ao PSOE ao seu peor resultado
democrático, velan polo benestar da maioría social, xa que o seu único fin é
atacar e evitar o traballo das concelleiras e concelleiros de Compostela
Aberta.
Para o Consello Comarcal de EU Compostela, as
ordenanzas fiscais son a base coa que un goberno alicerza o proxecto de cidade
que desexa. É evidente que para acometer o ambicioso programa electoral de CA,
profundamente social, son necesarios recursos económicos, e como claramente
ditaminaron as veciñas e veciños nas urnas, están lexitimados os concelleiros e
concelleiras para procurar levalo a cabo. Dende o respecto democrático: por
suposto, debe haber debate e necesaria
procura de cosensos, pero non se pode consensuar con quen non quere e con quen
ten unha estratexia de derrubo calculada e meramente partidista. A
progresividade fiscal, a redistribución da riqueza baixo forma de proxectos
sociais e afortalamento de servizos públicos non se pode construír coa
demagoxia fórmula de baixar impostos aos que máis teñen. É imposible e
representa unha brutal mentira política que só a cobertura mediática pode
agochar. Con esta decisión, o PP e o PSOE hipotecan non só a xestión do lexítimo
goberno local, senón, o que resulta máis cruel, o dereito da cidadanía a
políticas sociais dignas, quen de alixeirar a pesada lousa da crise, dos
recortes e do desemprego.
O Consello Comarcal manifesta o seu apoia á
Unidade Popular coa que destruír o sistema de vasalaxe, demagoxia e mentira que
destrúe o noso futuro. Hoxe, faise máis evidente que nunca as intencións reais
do PP e do PSOE e cales son as súas políticas fiscais, económicas e sociais.
Cómpre, polo tanto, o triunfo dun novo proxecto común xusto e igualitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario