lunes, 11 de mayo de 2015

Acto en Figueiras



MARÍA ROZAS MANIFESTA QUE COMPOSTELA ABERTA PRESENTA UN EQUIPO PARA GOBERNAR, CON PERSOAS CON EXPERIENCIA PARA CADA EIDO DA XESTIÓN MUNICIPAL.

O RURAL EXISTE E CON COMPOSTELA ABERTA OUTRA FORMA DE GOBERNAR É POSIBLE, RESPETANDO OS DEREITOS DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS.


Martiño Noriega e María Rozas participaron no encontro de Compostela Aberta coa veciñanza de Figueiras, comprobando, como en anteriores encontros, o abandono que padece o rural de Santiago.

É necesario, a través da participación cidadá, elaborar plans de actuación para corrixir as deficiencias que padece a xente que vive nas parroquias. Infraestruturas, saneamento, transporte público, mantemento, internet e todo o que sexa preciso para respectar os dereitos das veciñas e veciños teñen que ser executados paulatinamente.

María Rozas expuxo que “CA presenta unha candidatura para ter un equipo de goberno ao servizo da cidadanía, debemos recuperar o Concello, temos que gañar Compostela”. Ante estes catro anos de nefasta xestión do Partido Popular “as persoas que dimos o paso de participar nestas lista encabezada por Martiño o facemos por honestidade, por compromiso, porque creemos que outra forma de gobernar é posible”

Durante o debate que se levou a cabo neste encontro de Figueiras confirmouse que é necesario facer real a participación das veciñas e veciños no día a día da Corporación. Como é posible, denunciou María Rozas, que “ o Concello gaste cinco veces máis por habitante na zona urbana que no rural, os orzamentos son o reflexo da vontade política dun goberno, e PP demostra que non lle interesa velar polo benestar da veciñanza do rural, por iso temos que avanzar na xestión colectiva dos cartos público,  temos que acadar os Orzamentos Participativos”

Reiterouse que as persoas que sexan elixidas, para representar a Compostela Aberta no Concello, cumpriran coa súa responsabilidade e periodicamente acudiran aos distintos barrios e parroquias para someterse a fiscalización cidadá do traballo realizado, para coñecer as demandas que existan, para demostras que outra maneira de actuar é posible.

No hay comentarios: