lunes, 29 de diciembre de 2014

Moción subvencionar IBI a persoas en risco de exclusión social



O grupo de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que calquera Administración Pública ten que ter, entre un dos seus obxectivos principais, garantir o dereito a unha vivenda digna.

Consideramos que para que o acceso a unha vivenda digna sexa unha realidade para a maioría social é necesario destronar o actual modelo, que busca o lucro privado, tal e como se pode comprobar co pelotazo urbanístico que o PP defende coa operación especulativa de Xoán XXIII.

Dende o grupo de  traballo de políticas sociais de EU Compostela, para acabar con este modelo antisocial, que ten á vivenda como un negocio e non como un dereito, apoiamos, entre outras moitas medidas, a creación dunha axencia pública municipal de aluguer social, presentada en marzo de 2012. Tamén consideramos necesaria a creación dun Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar, como propuxemos en outubro de 2013.

viernes, 26 de diciembre de 2014

Valoración orzamento municipal



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA OS ORZAMENTOS DO PP PARA SANTIAGO COMO INVIABLES E MERAMENTE ELECTORALISTAS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DENUNCIA QUE OS ORZAMENTOS DE AGUSTÍN HERNÁNDEZ PRIORIZAN OS GASTOS SUPERFLUOS EN LUGAR DO BENESTAR DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que os orzamentos presentados polo Concello de Santiago de Compostela para o ano 2015 son de imposible viabilidade e as súas prioridades, un ano máis, son as grandes obras e os gastos superfluos en vez do benestar da veciñanza e paliar as inxustizas sociais da nosa cidade.

O Partido Popular preséntanos uns orzamentos con dubidosas prioridades. Partidas de obras non necesarias con contías elevadas fronte ás partidas de acción de social, de promoción do emprego ou de vivenda. O PP compostelán comezou con este orzamento a súa  campaña electoral para as vindeiras eleccións municipais. Promesas de grandes gastos vistosos para a foto de inauguración, mais esquecendo o futuro, o custo de mantemento.

Este goberno municipal non fixo os deberes como alardea o alcalde, os orzamentos son irreais, inflados, inviables, establecen gastos en investimentos sen ter garantida a súa contrapartida en ingresos, dependendo esta da venda de terreos propiedade do Concello. E para Esquerda Unida non se pode facer negocio co patrimonio público do solo. O Partido Popular presume da rebaixa do IBI urbano en 0.03, parece esquecer que só fai 2 anos a veciñanza de Compostela sufrimos un incremento neste imposto de case o 14 %. As contas demostran a precaria situación do noso Concello, froito da pésima xestión de anos, endebedado, tendo que empregar o remanente do ano 2014, máis de 5 millóns de euros,  ao pago da débeda.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Oposición á especulación urbanística en Xoán XXIII



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA OPONSE Á ESPECULACIÓN URBANÍSTICA QUE O PP QUERE LEVAR A CABO EN XOÁN XXIII, E ESIXE QUE ACOMETA, O ANTES POSIBLE, O PROXECTO PLANIFICADO DE PISOS PROTEXIDOS EN RÉXIME DE ALUGUER PARA A MOCIDADE CON RENDAS BAIXAS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE MUDAR ESTE SISTEMA ESPECULATIVO E DELEZNABLE, QUE CONVIRTE O DEREITO Á VIVENDA NUN PRIVILEXIO, PROPOÑENDO MEDIDAS QUE, ENTRE OUTRAS CUESTIÓNS, FOMENTEN O ALUGUER SOCIAL.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta que unha das labores fundamentais de calquera Administración Pública é a de velar por garantir un dos dereitos máis fundamental e básico  das veciñas e veciños. O dereito a unha vivenda digna.

Teméndonos o peor, ou intuíndo que a lóxica especuladora e neoliberal do Partido Popular aparecería, en marzo de 2012 presentamos unha pregunta ao Concello requirindo saber cales eran as intencións do goberno local respecto ao proxecto de vivendas públicas en aluguer en Xoán XXIII. Hoxe temos resposta. Unha nova resposta do PP que vela polo lucro privado e non polo beneficio da maioría social.

O Consello Comarcal de EU Compostela manifesta o seu máis profundo rexeitamento a que o Partido Popular, tanto na Xunta como no Concello, abandone o proxecto inicial de Xoán XXIII para entregalo á especulación inmobiliaria. Permitindo que nesa zona “privilexiada” da cidade sexa vivenda libre, é dicir cara e para unha minoría que a poda pagar, a que se erga en lugar dos pisos protexidos que prestarían o servizo público e social que a cidadanía demanda.