viernes, 27 de junio de 2014

Defensa e fortalecemento dos Servizos Sociais



Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, como se demostra nas distintas propostas elevadas ao Pleno do Concello, os servizos sociais son un dereito fundamental das veciñas e veciños.

Por suposto todas as Administracións Públicas teñen que velar por garantir servizos sociais públicos que busquen o beneficio da maioría social. Pero o Concello, ao ser a administración máis próxima á cidadanía, ten a posibilidade dun contacto directo para coñecer a realidade, e de maneira directa, ou elevando-esixindo a Administración Pública competente, cumprir coa súa obriga para que na cidade existan solucións ás demandas das veciñas e veciños. 

Unha vez máis queremos remarcar que os servizos socias non son un servizo asistencialista de carácter caritativo, son un piar esencial para desenvolver as políticas de igualdade de oportunidades entre as persoas.

lunes, 23 de junio de 2014

Moción Día Orgullo LGTBI



En poucos días chega o 28 de Xuño, día internacional do Orgullo LGBTI, unha data que simboliza o valor, o esforzo e o sufrimento de moitas persoas que ao longo da historia e na actualidade loitaron e seguen loitando polo recoñecemento dos seus dereitos e liberdades.

Sen dúbida falamos dun día importante para a comunidade LGTBI, xa que moitas persoas gozamos hoxe de logros sociais en materia de igualdade froito das loitas do pasado. Grazas ao activismo LGTBI, estamos comezando a vivir en sociedades cada vez máis saudábeis nas que os ríxidos moldes culturais heteronormativos pouco a pouco vanse crebando.

A memoria colectiva é aquilo que evita que as sociedades repitan erros xa superados. Por iso, nin as institucións nin a sociedade debemos esquecer a nosa historia machista e manchada de LGTBIfobia. E polo mesmo motivo, as institucións deben recoñecer os erros que se cometen aínda: falamos do enorme retroceso ao que se está sometendo á cidadanía do Estado Español coas políticas austericidas e heteropatriarcais que viñeron aprobándose nos anteriores gobernos centrais e autonómicos e que afectan especialmente a esta comunidade. Políticas que poñen en grave perigo os logros sociais conseguidos e que nos retrotraen ao pasado en canto a dereitos e liberdades que dabamos por adquiridos.

martes, 17 de junio de 2014

Apertura comedores escolares no verán



O pasado dia 11 de Xuño, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei na que se resolve que "O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estar en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos en colaboración cos servizos públicos de benestar" .

O curso escolar, nos seus niveis obrigatorios, remata o dia 20 de xuño e moitas familias galegas non saben como poder garantir unha axeitada alimentación para os seus fillos e fillas nos dous meses non lectivos, diante da grave situación socioeconómica pola que están a atravesar.

Segundo os datos oficiais, en Galicia hai 93.000 familias con todos os seus membros en paro, o 23% da poboación atópase en situación de pobreza, 33.000 familias sobreviven sen ningún tipo de ingreso e un 26% dos fogares con menores a cargo están en risco de exclusión social.

martes, 10 de junio de 2014

Situación Concello



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE QUE ÁNGEL CÚRRAS ABANDONE INMEDIATAMENTE O SEU CARGO DE CONCELLEIRO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CULPA AO INCOMPETENTE NÚÑEZ FEIJOO DO QUE ACONTECE NA CIDADE.

O Consello Comarcal de EU Compostela, tras agardar a ver cal era a “solución” do Partido Popular para o Concello, considera que o futuro equipo de (des)goberno local é un insulto á cidadanía, carece de toda lexitimidade e rouba as veciñas e veciños o dereito a decidir democraticamente o futuro que desexa para a cidade

En primeiro lugar é inadmisible que o individuo Ángel Currás siga mancillando coa súa presenza a Administración Local, inmediatamente ten que deixar de ser concelleiro. Se a súa carencia da máis mínima decencia o aferra ao cargo que ostenta, o Partido Popular debe tomar medidas. Se non consigue que abandone o Concello debe expulsalo do grupo municipal do PP e desterralo ao grupo mixto. Pode ser que para o Partido Popular sexa lóxico que unha persoa dimita de alcalde e siga de concelleiro, ou que, como Paula Prado, dimita de voceira pero siga de deputada, pero para a maioría social, que si ten principios, é un comportamento deleznable e egocéntrico.

miércoles, 4 de junio de 2014

Referéndum República-monarquía



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que a extraordinaria importancia dos feitos acaecidos durante estas semanas, que culminou co anuncio da abdicación do Rei, mostra a necesidade cada vez máis perentoria de propiciar un cambio profundo que favoreza a rexeneración política do Estado español. É por tanto a abdicación unha consecuencia directa da deterioración profunda da Coroa e da decadencia do bipartidismo que foi o soporte do sistema monárquico.

O artigo 57.5 da Constitución española establece que as abdicacións teñen que regularse mediante lei orgánica. Con todo, tal lei aínda non se promulgou e, con todo, o actual monarca xa manifestou, a través do Presidente do Goberno, a súa decisión de abdicar en favor do seu fillo.