jueves, 27 de marzo de 2014

Papeleiras en Bonaval



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe garantir que os espazos públicos da cidade estean debidamente acondicionados para que as veciñas e veciños poidan disfrutalos.

Por suposto defendemos que se promova que Santiago sexa cada vez máis una cidade verde e sustentable medioambientalmente. Pero o ecoloxismo non só se basea na creación de novos parques e zonas verdes, ao igual que non é suficiente a colocación de plantas polas rúas urbanizadas da cidade para que a contaminación diminúa. O Concello é consciente disto, sendo este ámbito da súa política outro punto pendente da súa nefasta xestión.

A nosa cidade debe seguir avanzando en políticas verdes como a loita contra a contaminación lumínica ou a polución dos vehículos que por ela transitan, reivindicacións xa antigas desta organización e do movemento ecoloxistas. Estes son só algúns dos exemplos que reivindicamos, mais nesta ocasión só nos centraremos nunha exixencia en concreto: a falta de papeleiras para o lixo no parque de Bonaval.

jueves, 20 de marzo de 2014

Apoio á Asociación Cidade Vella



O CONSELLO COMARCAL DE EU CRITICA A ACTITUDE DO CONCELLO CON RESPECTO Á CULTURA NA CIDADE,  E PIDE QUE SE RENOVE O CONVENIO COA ASOCIACIÓN CIDADE VELLA

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE QUE O CONCELLO DEFENDA E PROMOVA A CULTURA DE BASE EN TODA A CIDADE.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta a necesidade de que o Concello sexa parte activa na promoción e fomento da cultura na cidade.

O actual goberno municipal, coa súa administración de recortes e de mala xestión continuada, está a matar a actividade cultural da cidade de Santiago, con exemplos como a nova lexislación do uso do espazo público.

A isto sumouse o luns  17 de marzo un novo ataque, neste caso á actividade musical da zona vella, cando un membro da 'Asociación Cidade Vella' recibiu unha multa de 1.500€ por un concerto levado a cabo no seu local.

viernes, 14 de marzo de 2014

Moción reforma artigo 135 da Constitución



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende que a política ten que estar ao servizo da maioría social, procurando unha sociedade xusta e igualitaria .

O pacto que alcanzaron o PSOE, entón no Goberno, e o PP, principal partido da oposición, permitiu, sen sequera un referendo cidadán, a constitucionalización do principio de estabilidade orzamentaria a través da modificación do artigo 135 da nosa Carta Magna. Desta forma, facíase evidente a vulneración doutros principios constitucionais esenciais na construción do noso Estado autonómico, social e de dereito.

Por exemplo, lesionábanse as capacidades de autogoberno que teñen no noso modelo estatal as Comunidades Autónomas e as entidades locais; é dicir, que a consagración deste principio de estabilidade orzamentaria, e das obrigas que del se derivan, por riba de todos os demais, atenta claramente contra a autonomía da política e a autonomía financeira das Comunidades Autónomas e das entidades locais e vailles a impedir seguir prestando, asumindo e desenvolvendo todas aquelas competencias que a propia Constitución e as leis básicas de organización lles atribúen.

jueves, 13 de marzo de 2014

Pregunta Democracia Participativa e Orzamentos Participativos



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende a necesidade de implementar prácticas participativas que vigoricen a democracia que agora temos, e dean maior capacidade de influencia á cidadanía, por exemplo, no día a día da súa cidade.

Para o Consello Comarcal de EU é necesaria unha revolución democrática que so será posible apostando decididamente pola Democracia Participativa. Hai que levar a cabo o proceso de elaboración colectiva dun novo Regulamento de Participación Cidadá, que, por exemplo, debería dispor de aspectos como:

Unha carta de dereitos das veciñas e veciños, tales como, o dereito de petición, de intervención nas sesións públicas, de consulta ou referendo e o dereito á información, ademais dos dereitos que a través da participación cidadá se decidan.

viernes, 7 de marzo de 2014

Moción 8M



Para a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela asistimos a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita ataca as bases da democracia, como a aspiración a que temos dereito todas as persoas a da liberdade, a autonomía  persoal, o acceso aos recursos e a igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión manifestase de modo categórico respecto aos dereitos humanos das mulleres, froito das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para destruír o acadado.

A retrógrada formulación sobre o dereito ao aborto e aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que representa o anteproxecto da lei que defende o Goberno do Partido Popular, deixa ao descuberto a especial saña do emprego da política contra os dereitos das mulleres. O intento de forzar a maternidade ou que se aborte clandestina e perigosamente, é a expresión máis cruenta da consideración patriarcal, androcéntrica e misóxina do goberno e do seu Ministro de Xustiza.

lunes, 3 de marzo de 2014

Petición dimisión sete concelleiros e concelleiras imputados por prevaricación



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA, DENDE O RESPECTO Á PRESUNCIÓN DE INOCENCIA, ESIXE A DIMISIÓN INMEDIATA DOS SETE EDÍS IMPUTADOS POR PREVARICACIÓN AO APROBAR O PAGO DO AVOGADO A ADRIÁN VARELA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA A NÚÑEZ FEIJOO QUE ASUMA A SÚA RESPONSABILIDADE E GARANTA A GOBERNABILIDADE DA CIDADE.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela pide a dimisión inmediata dos sete concelleiros e concelleiras imputados por prevaricación e aos que se lles vai abrir xuízo oral.

Como xa expuxeramos o pasado 29 de xuño, era unha barbaridade, nova mostra da decrepitude ética do Partido Popular, que se aprobara que as concelleiras e concelleiros, imputados por presuntos delitos de corrupción política, poidan acollerse a que sexan as veciñas e veciños cos seus impostos as que paguen a súa defensa.

Pero tal e como están a mostrar os acontecemento, esta medida, non so é inmoral, se non que según a propia xustiza hai indicios para que ademais sexa ilegal. O Concello non pode seguir así, é máis que evidente que o inepto equipo de goberno do Partido Popular é incapaz de gobernar a cidade.