lunes, 7 de abril de 2014

Defensa Sanidade Pública



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A SÚA LOITA EN DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE E GRATUÍTA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA AO CONCELLO QUE SE IMPLICE TODO O POSIBLE NA DEFENSA DO DEREITO DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS A UNHA SANIDADE PÚBLICA.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que todas as administracións se comprometan a ser garante dun sistema sanitario publico e de calidade, que protexa o dereito universal a saúde sen restricións de ningunha clase..

Nos últimos tempos a cidadanía vimos sufrindo continuos ataques ao sistema sanitario público como consecuencia das políticas de recortes de recursos, e da introdución de formas de privatización máis ou menos encubertas.

Por outra banda a promulgación do Real Decreto 16/2013 supuxo unha contrarreforma gravísima que racha co dereito a unha sanidade e universal e equitativa. No caso do goberno galego o Programa Galego de Protección Social da Saúde Pública (PGPSSP),  o programa que debe garantir a atención sanitaria ás persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa residentes en Galicia, non supuxo máis que un parche ineficaz que deixa de facto a miles de persoas nunha grave situación de desamparo sanitario.

Segundo os últimos datos das entidades sociais galegas nin 1000 persoas migrantes se tiñan acollido ao citado programa sobre as 15.000 que tiñan terían que terse acollido, débese tanto pola falta de información como ás instrucións confusas que se ofrecen dende os centros sanitarios.

As políticas sanitarias alíanse cos intereses empresariais. Esquécense de novo da cidadanía, especialmente dos mais vulnerables e necesitados de atención como son as persoas maiores, enfermos crónicos, persoas con algunha discapacidade e persoas migrantes. Entre os que xa se están observando graves consecuencias na súa saúde, e todo iso nun contexto como é esta crise económica, que aumenta a necesidade de maior atención, constatándose xa un aumento da mortalidade e unha morbilidade invisibilizada, non atendida e encuberta.

Por suposto non nos esquecemos da retrógrada e nefasta nova lei do aborto do PP, que ademais de atentar contra o dereito a decidir das mulleres, e outra medida que pode poñer en perigo a súa vida.

Por todo isto, no día mundial da saúde, dende o Consello Comarcal de EU Compostela esiximos ao goberno local que tanto de maneira activa, nas competencias que ten, como denunciando e instando a trocar as medidas do goberno autonómico ou estatal, loite por garantir unha sanidade pública de calidade e gratuíta, ao servizo das veciñas e veciños.

No hay comentarios: