martes, 3 de diciembre de 2013

Moción instalación sinal na rúa Fonte de Santo Antonio



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ten como unha das súas prioridades garantir a seguridade das veciñas e veciños, así como buscar que a circulación dos vehículos pola cidade non sexa caótica nin perigosa para ninguén.

A cidade de Santiago, pola súa tradición de cidade de peregrinación e de turismo, é unha cidade moi peonil. Polas súas rúas transitan, por exemplo, visitantes de todas as partes do mundo, habitantes da mesma e estudantes da súa universidade para desprazarse dun sitio a outro. Ao mesmo tempo, cada día, miles de vehículos circulan pola cidade, tanto privados, comerciais como de uso público.

É obriga do Concello buscar unha circulación fluída para ambas partes mais non sempre é así. Na beirarrúa de Fonte de Santo Antonio, na parte que orientada cada a Facultade de Historia, acontece algo pouco razoable: a beirarrúa está obstaculizada por un edificio da zona vella. Isto obriga a que os peóns que camiñan por ela, deban correr o risco de pasar á estrada para poder seguir co seu camiño, co perigo que iso supón, posto que, por exemplo, dependendo do sentido da marcha a visibilidade dos vehículos que veñen en dirección contraria é case nula.

Tendo en conta que a zona vella da cidade é patrimonio cultural e que na casa que bloquea a beirarrúa hai un negocio funcionando e vive xente, a posibilidade de derrubar esta casa non é unha opción que se poida considerar, mais ante esta situación algo se debe facer.

Para Noel Dopazo Vázquez, responsable de Cultura e Patrimonio no Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, “a mellor opción para actuar  nesta problemática sería a colocación da sinal de tráfico Tránsito de peóns ou a que se considere oportuna, para que as e os condutores superan o que lles espera e extremasen a precaución na súa circulación, protexendo así aos transeúntes e rebaixando o risco de accidentes”.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Que se coloque o antes posible nese punto da rúa Fonte de Santo Antonio, para os vehículos que circulan cara a Praza de Galicia, unha sinal de ‘Tránsito de peóns” ou a que se considere oportuna

Segundo. Que mediante o pertinente debate cidadá se faga un estudo en busca doutros puntos na cidade que precisen de novas sinais de tráfico



No hay comentarios: