Para a Área de
Mulleres de Esquerda Unida Compostela, un ano máis, o 25 de novembro,
convértese nun día de denuncia da violencia contra as mulleres, a violencia
sexista e machista, que non ten tregua.
Tamén temos que
denunciar este día a violencia institucional que se exerce contra as mulleres a
través de medidas que inciden directamente nas súas vidas: a reforma regresiva
das normas laborais e da lei de aborto.
Dende a Área de
Mulleres de Esquerda Unida Compostela reiteramos a nosa petición, nunha moción
presentada o pasado 13 de xuño, de que o Concello de Santiago de Compostela
inste ao Goberno de España a que non se atente contra os dereitos fundamentais
das mulleres e NON se modifique de maneira restritiva a actual Lei Orgánica
2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo.
Días como este, deben servir canto menos, para remover conciencias e analizar de maneira estrutural, e preguntarse por que a pesar de que na teoría a violencia de xénero é rexeitada dende calquera ámbito político, é aínda, unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, móstranse como elementos inseparables.
Esta lacra require
medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de
prevención e protección reais e a sociedade conciencia e cultura política para
rexeitar todo tipo de violencia e, en particular, a violencia machista.
Por iso dende a
Área de Mulleres de EU Compostela pedíramos, o pasado 5 de marzo, que o
Concello de Santiago abrira o Centro de Recuperación Integral de Mulleres
Vítimas de Violencia, onde se fornezan ás mulleres todos os mecanismos para
librarse de, e superar, as situacións de abuso e violencia machista, e tamén
que se habilitara instalacións e os medios necesarios para acoller a mulleres e
ás súas crianzas vítimas de violencia
Se en moitas
partes do mundo as mulleres atópanse nunha situación insostible de negación de
dereitos, que as oculta, as empobrece e as sitúa nun continuo risco, incluso
institucionalizado, de violencia extrema, de explotación sexual, de agresións,
violacións, asasinatos e execucións.
A deriva
conservadora e patriarcal nas posicións políticas do goberno ameaza coa
modificación regresiva da Lei do Aborto, impoñen a corresponsabilidade irreal
nas obrigas familiares e os recortes en recursos de protección social e en
programas de igualdade. Padecemos a Lei
de Familia, que elimina dereitos as mulleres fomentando, dende as institucións,
un rol retrograda; ao mesmo tempo que vítimas de agresións machistas non teñen
acceso a axudas debidos aos recortes. Ponse de manifesto máis aínda, que a
loita pola igualdade entre mulleres e homes , é a loita contra a violencia
machista..
Dende a Área de
Mulleres de EU Compostela propoñemos ao Pleno do concello de Santiago a seguinte
proposta de.
ACORDOS:
Primeiro. Que o Concello se comprometa decididamente e con
propostas concretas e reais a centrar os seus esforzos en consolidar a igualdade
e a non violencia machista a través de Plans anuais que teñan un reflexo
específico e xeral nos Orzamentos
Municipais, reforzando os recursos económicos, materiais e humanos.
Segundo. Que o Concello
se comprometa a poñer a disposición da cidadanía todos os mecanismos
persoais e materias públicos necesarios e ao seu alcance, para a prevención da
violencia machista e a atención integral das vítimas da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario