viernes, 19 de julio de 2013

Moción uso público antigo Hospital en Galeras



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende que unha das labores fundamentais de calquera goberno local é a de ofrecer ou velar porque se ofrezan servizos, de titularidade e xestión pública, que satisfagan as necesidades da cidadanía.

Como defensores e loitadores por unha educación de titularidade e xestión pública, e por suposto de calidade e gratuíta, apoiamos medidas que se acometan para a mellorar, por exemplo, os estudos universitarios que se prestan na nosa cidade, como sería a nova facultade de medicina acorde as necesidades de aprendizaxe que hoxe en día precisa o alumnado.

Pero consideramos inaceptable que para tal fin, tanto a USC como o Concello se alíen para que os terreos do antigo Hospital en Galeras, agora cun uso residencial comunitario, se recalifiquen a uso residencial ou comercial, o que perpetuaría a especulación urbanística, unha das causantes desta crise-estafa, como sistema de financiamento para as arcas públicas, de nefasto resultado coas consecuencias que agora padece a maioría social.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, tal e como xa expresáramos nunha pregunta debidamente rexistrada o pasado 7 de outubro de 2011, desexamos que estas instalacións sexan utilizadas para ofrecer os servizos públicos que a cidadanía demanda.

Por exemplo, tal e como expresamos nun comunicado feito público en xuño de 2011, creemos necesario, que tralo pertinente debate cidadá, estas instalacións podíanse utilizar como residencia para persoa maiores, cubrindo unha necesidade cada vez maior tanto neste como nos concello limítrofes

Tamén, como xa expuxeramos, dada a ubicación próxima a ambos campus universitarios, poderíase estudar a súa adecuación como residencia universitaria, dado que sería un proxecto que beneficiaria a familias de toda Galicia, que para facilitar os estudos universitarios dos seus fillos e fillas vense abocadas o gravoso gasto que supón o aluguer nesta cidade

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Que os terreos do antigo Hospital en Galeras continúen co seu uso de residencial comunitario.

Segundo. Que mediante o pertinente debate cidadá se faga un estudo das distintas utilidades públicas que se lle poden dar a esta instalación

Terceiro. Que o Concello faga as xestións pertinentes coa USC para que se utilice o antigo Hospital de Galeras para a utilidade pública decidida tralo debate cidadá.

No hay comentarios: