O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA A FOLGA DAS TRABALLADORAS
E TRABALLADORES DE URBASER EN LOITA POLA DEFENSA DOS SEUS DEREITOS LABORAIS E
SOCIAIS
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A SÚA DEFENSA DA REMUNICIPALIZACIÓN
DOS SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PRIVATIZADOS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
apoia a folga que levarán a cabo as traballadoras e traballadores de URBASER.
Consideramos que tanto a empresa concesionaria
coma o equipo de goberno do PP teñen que cambiar de actitude e escoitar as coherentes
demandas do comité de empresa de URBASER, para acadar un acordo que satisfaga
as xustas reclamacións das traballadoras e traballadores.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
comparte as peticións que se lle están a facer á empresa, xa sexan as
relacionadas cos salarios como as de carácter social como, por exemplo, as
relativas as xubilacións
Agardamos que este acordo se poda dar e así desconvocar
a folga. En calquera caso, o que se evidencia é que unha empresa privada que
procure o lucro nos seus balances nunca poderá prestar da forma debida un
servizo público.
Esquerda Unida Compostela defende e loita para que
sexan as Administracións Públicas as que presten, con calidade e eficiencia,
servizos de titularidade e xestión pública para satisfacer as demandas sociais
que a cidadanía precisa para o seu benestar.
A xestión pública beneficia á maioría social, hoxe
abafada con recortes laborais e sociais nesta crise-estafa, e garante a
redistribución da riqueza nos servizos necesarios para ter unha sociedade xusta
e igualitaria promovendo, ademais, condicións laborais xustas, tanto en
dereitos como en remuneración para os empregados públicos que levan a cabo o
traballo nestes servizos.
As privatizacións, mal chamadas externalizacións
polo PP e PSOE, son, como demostran nesta cidade as operacións xudiciais “Pokemon”
ou “Manga”, o caldo de cultivo perfecto para a corrupción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario