O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA LAMENTA O DEPLORABLE ESPECTÁCULO
OFRECIDO POLO PP NA CONVOCATORIA E REALIZACIÓN DO PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE AS
PREFERENTES.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIA AS XUSTAS REIVINDICACIÓNS DAS PERSOAS
ESTAFADAS CON PREFERENTES E ROUBADAS COA QUITA.
O representante do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela; Vicente Vázquez, acudiu ao Pleno extraordinario sobre a
estafa das preferentes.
En primeiro lugar xa foi lamentable a convocatoria
deste Pleno nun martes laborable ás 9:30, o que xa deixaba entrever o pouco
interese do Partido Popular por facer participe desta sesión plenaira ás
persoas estafadas con preferentes en concreto e á cidadanía en xeral.
Pero se isto xa é lamentable, o que é inadmisible
e denigrante é que o equipo de goberno do señor Currás se oculte, e faga este
Pleno no Concello sabedor de que o aforo ía ser totalmente insuficiente.
Escusarse puerilmente en que se facilitou o
seguimento desta sesión plenaria mediante un par de pantallas de televisión,
demostra, en primeiro lugar o escaso valor que o Partido Popular da á
participación da cidadanía na vida municipal do Concello.
Tamén demostra a covardía e ineptitude do Partido
Popular, que se ve na obriga de esconderse e alonxarse da cidadanía posto que é
incapaz de achar solucións aos problemas da maioría social, neste caso estafada
e roubada por un sistema financeiro voraz e especulador.
Foi evidente que todas as persoas que non puideron
entrar no Pleno, pese a que o regulamento permite levalo a cabo en lugares con
maior aforo para que todo mundo puideran asistir, tomaron o esperpéntico despregue
televisivo como un insulto aos seu dereitos, querían estar cara a cara co seu
alcalde, non fronte a un televisor.
No tocante ao exposto no Pleno, unha vez máis, hai
que lamentar que o PP recorre a ridícula táctica do “e ti máis e ti peor” pero
sen ofrecer en ningún momento un atisbo de solución ás persoas que, non no
Pleno, pero si non Concello escoitaron tanto a Maria Pardo como a Ángel Currás.
Por todo isto dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela esiximos ao Partido Popular unha rectificación na súa
xestión, que claramente prexudica ás veciñas e veciños, e que por suposto non
volva a ignorar e menosprezar ás persoas que reclaman os seus dereitos. O
denigrante espectáculo ofrecido por Currás e o seu equipo de goberno coa
convocatoria e desenvolvemento deste Pleno non podo volver ocorrer.
Por último reiterar o noso apoio ás persoas
estafadas con preferentes e roubadas coa quita na súa xusta loita polos seu
dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario