lunes, 17 de junio de 2013

Moción loita contra a contaminación lumínica



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o grao de contaminación lumínica na cidade de Santiago de Compostela é demasiado elevado.

Sen dúbida a cidade de Santiago de Compostela medrou moito na última década. O que inevitablemente conlevou a extensión do sistema eléctrico municipal considerablemente sen ter realizado un estudo previo dos problemas, non so económicos, senón tamén medioambientais que se poderían derivar de dita extensión.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é consciente da tripla problemática que xenera a contaminación lumínica:

Pois en primeiro lugar é un problema de contaminación medioambiental importante, pois aínda que semella que os seus efectos son inocuos, a realidade é moi distinta; pois un elevado grao de contaminación lumínica afecta a tódolos seres vivos da  zona afectada, incluíndo ás persoas, sendo o principal síntoma o trastorno do sono, que provoca a súa vez cansazo, xa que o exceso de luminosidade impide que os seres vivos descansen pola noite adecuadamente, e tamén pérdida de recepción sensorial que se ben é provocada polo cansazo, os danos unha vez producidos poden chegar a ser irreversibles. Por outra banda o exceso de luminosidade provoca tamén que as plantas no realicen adecuadamente a fotosíntese e teñan que consumir máis minerais da terra para subsistir o que provoca a medio/longo prazo a esterilización desta terra.

En segundo lugar é un problema económico importante, non só a nivel local senón tamén autonómico e estatal. Pois o sistema de alumeado público, provoca un consumo enerxético elevado que acaba repercutindo considerablemente nas arcas públicas. Se ben as medidas de aforro requirirán un desembolso inicial importante, posto que sería preciso cambiar todo o alumeado, dito gasto poderíase amortizar nun período non superior os 2 anos, e suporía un aforro na partida correspondente do 50% en caso de substituír as bombilllas tradicionais por bombillas de baixo consumo; ou un aforro do 85% na partida correspondente en caso de substituír as bombillas tradicionais por bombillas LED tendo en conta que este tipo de bombillas non se funden nunca e non perden luminosidade mínimo transcorridos 12 anos.

E en terceiro lugar o problema é a ausencia de regulación local, autonómica e estatal. Da a impresión de que as institucións locais, autonómicas e estatais, ignoran por completo o problema da contaminación lumínica, posto que non existe regulación o respecto. Polo que dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela queremos facer chegar esta moción  para que sexan conscientes de dita problemática e comecen, tralo pertinente debate e participación cidadá, a lexislar ao respecto para atallar este problema. Posto que consideramos que a ausencia de ordenanzas ou de leis nun tema determinado non é escusa para que as institucións non fagan nada o respecto e permaneza impasibles ante os problemas non regulados.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Cambiar tódalas bombillas tradicionais e de baixo consumo no alumeado público por bombillas LED, pois implicaría un aforro no alumeado público entre o 35 e 85% dependendo da bombilla que se substitúa.



Segundo. Elaboración, tralo pertinente debate e participación das persoas ou colectivos interesados en colaborar, dunha ordenanza que, entre outras cuestións, obrigue a grandes superficies comerciais a non ter tellados de cristal, focos ou elementos luminosos que proxecten luz cara o ceo e que a iluminación do complexo se realice mediante bombillas LED. Así mesmo deberase gravar cun imposto verde as grandes superficies comerciais que incumpran dita ordenanza

No hay comentarios: