jueves, 6 de junio de 2013

Búsqueda de consenso con medidas programáticas do PP



Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello actúe e leve a cabo medidas que beneficien á maioría social.

Para acadar este obxectivo, parece ser, que é necesario o consenso entre diferentes forzas políticas, dende as súas diferenzas, grandísimas diferenzas nalgúns casos, para acadar medidas que aporten benestar ás veciñas e veciños.

Por tal motivo, para abrir o debate e limar as posibles diferenzas que poidan existir entre as distintas forzas políticas o Consello Comarcal de Esquerda Unida, trala lectura do programa electoral do Partido Popular para as municipais de 2011, considera necesario consensuar as medidas que a continuación se expoñerán, sacadas literalmente dese programa electoral que o PP presentou.

Por suposto, como se debería facer sempre, o debate ten que ir máis aló das forzas políticas e contar coa participación da cidadanía e colectivos interesados en colaborar para acadar medidas que achen solucións aos problemas reais das veciñas e veciños.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Levar a cabo a contención dos tributos locais e un estudo de marxes para unha eventual baixada de tipos ante situacións límite de precariedade.

Segundo. Conceder axudas por nacemento de ata 600 euros con carácter progresivo

Terceiro. Introducir rebaixas fiscais para familias en situacións de precariedade e de exclusión social

Cuarto. Apoiar ás asociacións de mulleres, proporcionando espazos para o desenvolvemento das súas actividades e a ampliación do seu programa de accións.

Quinto. Fomentar a integración de persoas con discapacidade nos cursos de formación ocupacional a través de reservas de prazas para este colectivo

Sexto. Fomentar como contramedida á crise da construción, a REHABILITACIÓN.

Sétimo. Promocionar a vivenda pública en aluguer no ámbito do Centro Histórico coa posibilidade de chegar a un convenio cos propietarios de inmobles, ou vivendas baleiras, en prol de poder ofertalas no mercado de aluguer.

Oitavo. Potenciar o uso do transporte público.

Noveno. Aumentar a sinalización tanto vertical como horizontal.

Décimo. Poñer en servizo o metro lixeiro

Décimo primeiro. Fomentar o uso dos aparcadoiros de bordo incrementando as frecuencias dos autobuses lanzadeira para o acceso ao centro da cidade.  

Décimo segundo. Impulsar a construción da estación Intermodal de Ferrocarril e Autobuses na actual estación do ferrocarril

Décimo terceiro. Promoción do uso do vehículo eléctrico tanto no eido dos servizos públicos como no privado.

Décimo cuarto. Habilitar espazos de recreo para animais de compañía onde se permita ceibalos, dotados de dispensadores de bolsas para manter limpa a cidade


Décimo quinto. Promover a recuperación da Sala Yago como contenedor cultural destinado a novas tendencias tales como danza, jazz, teatro de vangarda e teatro infantil

No hay comentarios: