O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PROSEGUE AS REUNIÓNS CO TECIDO
ASOCIATIVO DE SANTIAGO MANTENDO UNHA XUNTANZA CON COGAMI.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA COMPARTE AS RECLAMACIÓNS FEITAS POR COGAMI
DE POLÍTICAS TRANVERSAIS DE ACTUACIÓN E DE MEDIDAS CONCRETAS COMO, POR EXEMPLO,
UNHA ORDENANZA DE ACCESIBILIDADE.
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, Xenxo Redondo e Vicente Vázquez, proseguindo co programa de
reunións co tecido asociativo da cidade mantiveron unha xuntanza con
representantes de COGAMI.
Por desgraza no transcurso da xuntanza os
representantes Confederación Galega de Persoas con Discapacidade manifestaron
que dende a anterior xuntanza con Esquerda Unida, en abril do 2011, a entrada
do Partido Popular no goberno do Concello supuxo un despropósito e un retroceso
en todo o traballo realizado até o de agora.
Consideramos inadmisible que a día de hoxe o
Concello non respectase o procedemento administrativo do contrato de mantemento
para a zona de Salgueiriños a Cogami, que demostrou a súa eficiencia e labor
social. Agardamos se solucione debidamente o antes posible e esta zona de
Santiago volva ter, a través de Cogami, o mantemento que precisa e evitar a
lamentable deterioro que sofre pola incompetencia do equipo de goberno de
Currás. Outra cuestión que consideramos imprescindible é que o Concello actúe e
en evitar o roubo de papel para reciclaxe que está a sufrir a empresa Coregal.
O Consello Comarcal de EU Compostela comparte
totalmente as reclamacións de políticas transversais que afecten a todos os
ámbitos de actuación do Concello, e non meros feitos esporádicos e cosméticos.
Por iso demandamos que o antes posible, mediante o debido debate e
participación coas entidades interesadas, se leve a cabo a elaboración dunha
ordenanza de accesibilidade que rexa na cidade.
Por suposto compartimos a necesidade de incluír
obrigatoriamente as cláusulas sociais nos contratos públicos que, por exemplo
entre outras moitas cuestións, valoren debidamente o que supoñen a hora de
prestar servizos que a cidadanía demanda os centros especiais de emprego sen
ánimo de lucro. Por suposto é necesario que se faga real a reserva de prazas
para persoas con discapacidade na función pública.
Dende o Consello Comarcal de EU demandamos ao PP
que teña a vontade política necesaria para facer efectiva, non un mero
ornamento publicitario, a comisión de accesibilidade. Debendo acometer o antes
posible, entre outras cuestións, un censo de pasos de peóns que deban ser
acondicionados debidamente para facilitar a mobilidade, a elaboración dun plan
de accesibilidade a edificios municipais, o acondicionamento das paradas do
transporte público ou, por exemplo, un estudo das tarxeta de estacionamento
para evitar as fraudes
No hay comentarios:
Publicar un comentario