Para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello en cumprimento
das súas obrigacións conteste en tempo e formas as solicitudes debidamente
rexistradas.
Pero unha vez máis
isto non ocorre respecto a organización política que representamos posto que o
pasado 22 de marzo de 2013 rexistramos debidamente unha solicitude pedindo
explicacións ao Concello de porque se prohibiu a nosa entrada no Pleno
ordinario do 21 de marzo, adxuntamos copia do documento rexistrado.
Por tal motivo o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela vese na obriga de demandar de
novo que se nos notifique por escrito os motivos polos que os policías locais,
nº de placa 259076, 259111 e 259186 impediron a entrada ao noso representante,
Vicente Vázquez Freire, ao Pleno ordinario do xoves 21 de marzo de 2013
Tamén solicitamos
que se nos indique o motivo de preferencia de entrada das persoas que si
puideron acceder ao Pleno en lugar do noso representante, que pediu facer as
pertinentes xestións para poder asistir á sesión plenaria pero non foi tomado
en consideración.
Por último queremos
manifestar que estes motivos, entre outras cuestións, deben evitar
arbitrariedades ou discriminacións e que para ser lexítimos deben respectar os
requisitos adoptados nun acordo corporativo xeral ou no Regulamento orgánico,
como son: estar debidamente motivados, ser obxecto da necesaria publicidade e
cunha antelación suficiente para o seu debido coñecemento polos posibles
interesados ou non incluír criterios para a selección dos peticionarios que se
poidan entender como discriminacións.
Por todo isto,
Xabier Ron, en representación do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela.
SOLICITA
1º) Que o Concello,
tal e como se lle pediu o 22 de marzo, certifique por escrito a persoa que
ordenou aos policías locais impedir a entrada do noso representante ao Pleno do
21 de marzo de 2013, e os motivos polos que tomou esta decisión.
2º) Tal e como se
pediu no escrito do 22 de marzo, que se certifique por escrito o motivo de
preferencia de entrada das persoas que si puideron entrar no Pleno
No hay comentarios:
Publicar un comentario