viernes, 24 de mayo de 2013

Imputación Adrián Varela



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA, RESPECTANDO A PRESUNCIÓN DE INOCENCIA, REITERA QUE O ESCÁNDALO CONTINUADO LESIONA A DEMOCRACIA E A IMAXE DO CONCELLO E PEDIMOS A DIMISIÓN DE TODOS OS CARGOS PÚBLICOS IMPUTADOS EN CASOS DE CORRUPCIÓN.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE O ADIANTO DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS COMO SOLUCIÓN E REXERACIÓN QUE ESTE CONCELLO PRECISA.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida, dende o respecto á presunción de inocencia, pide a dimisión do concelleiro Adrián Varela pola súa imputación no proceso xudicial denominado “Pokemon”.

Como sempre defendemos será a xustiza quen ditamine en bases as leis a posible culpabilidade dos diferentes concelleiros e concelleiras de Santiago nos delitos que se lle acusan, pero consideramos que por ética, e por respecto as veciñas e veciños, calquera persoa imputada na Pokemon debe dimitir.

Por desgraza as cloacas do Concello desprenden un fedor a corrupción noxento, e como xa temos denunciado, en diversas ocasións, son constantes as vulneracións aos dereitos cidadáns que o goberno local do PP está practicando: o peche dos Plenos á cidadanía, a censura a actuacións en espazos públicos, a privatización das rúas e prazas e outra medidas que son propias de gobernos totalitarios e antidemocráticos. A todo isto, ademais, témoslle que engadir unha nefasta política económica e social que prexudican a Santiago.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera que a máis que manifesta ingobernabilidade que padece o Concello, froito da decrepitude moral do goberno do Partido Popular e das nefastas políticas antisociais do equipo de goberno de Currás, ten que rematar.

Por iso unha vez máis, esiximos, por hixiene democrática, que se leve a cabo o adianto de eleccións municipais para que a cidadanía, coa voz do seu voto, decida o futuro que quere para Santiago.

Por último se a covardía e ineptitude de Ángel Currás non permite avanzar para que sexa a democracia a que decida o porvir da cidade, non unha innecesaria e prexudicial xestora ou troica, ten que ser o presidente da Xunta de Galicia o que cumpra coa súa obriga, pida a disolución do Concello e a inmediata convocatoria de eleccións.

Por suposto non se trata de que Feijoo volva “pedir desculpas” e dicir que o que acontece en Santiago non é normal, senón de asumir as responsabilidades que implica o cargo público e, ante o dano que se está ocasionando á cidade, se obrigue a todos os cargos imputados nas tramas de corrupción investigadas pola xustiza, se ben respectando a súa presunción de inocencia, a dimitir

No hay comentarios: