O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE FACER UN
PLAN DE ACTUACIÓNS URXENTES NAS BEIRARRÚAS DA CIDADE.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA O ARRANXO DAS BEIRARRÚAS DA AVDA.
QUIROGA PALACIOS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
considera necesario e urxente que o Concello leve a cabo un plan de actuacións
para solucionar as deficiencias existentes nas beirarrúas da cidade.
Son constantes as queixas veciñais que recibimos
respecto o lamentable estado en que se atopan moitas beirarrúas en calquera
barrio da cidade, sendo necesario actuar de inmediato para garantir a
seguridade das persoas que transitan por elas.
Unha destas beirarrúas na que consideramos urxente
levar a cabo obras de mellora, son as que están na Avda. Quiroga Palacios, pois
demostran a simple vista graves deficiencias que deben ser eliminadas.
En primeiro lugar o firme das beirarrúas atópase
en mal estado, sendo crítico a carón das árbores situadas nesta beirarrúa,
posto que as raíces están a levantar o firme facendo case imposible transitar
con seguridade por esta zona da cidade, sobre todo nestes meses de inverno no
que auga e a pronta escuridade aumentaban na veciñanza a sensación de perigo.
Outra actuación necesaria é a de corrixir as
deficiencias existentes en varios pasos de peóns nesta avda. posto que bordos
elevados, elevadísimos nalgún caso, dificultan, e ata poden impedir, non so o
transito de persoas en cadeira de rodas, se non o pasear de moitas persoas
maiores do barrio que teñen serias dificultades para cruzar neste lugares.
O Consello Comarcal de EU Compostela esixe ao
goberno local do Partido Popular que modifique a nefasta xestión que está a
levar a cabo, e escoite as demandas das cidadanía para actuar en consecuencia.
Como xa manifestaramos hai que saber priorizar os
gastos, medida que o equipo de Currás non sabe facer, claro exemplo desta
inoperancia comprobase hoxe mesmo na cidade, posto que mentres o mal estado de decenas
de beirarrúas na cidade supoñen un risco para as veciñas e veciños, o PP
inaugura a remodelación do parque de Ramírez, que custou case 500.000 euros,
cando non era unha medida urxente que tivera que acometer este Concello.
Por todo isto dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela esiximos ao equipo de goberno do Partido Popular que
troque a súa errática política e acometa, tralo debate pertinente co tecido
asociativo da cidade, as actuación que o benestar das veciñas e veciños precisa
No hay comentarios:
Publicar un comentario