miércoles, 17 de abril de 2013

Recarga IBI ás vivendas baleiras



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE MEDIDAS EFECTIVAS PARA GARANTIR O DEREITO Á VIVENDA, COMO A CREACIÓN DA AXENCIA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALUGUER.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE A ELABORACIÓN DUN CENSO DE VIVENDAS BALEIRAS PARA APLICARLLES A RECARGA MÁXIMA NO IBI QUE PERMITA A LEI, E ASÍ FOMENTAR A SÚA POSTA EN ALUGUER.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera que o Concello debe velar por garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.

Por iso, entre outras medidas, pedimos, o 14 de marzo de 2012, para a promoción da cultura do aluguer na cidade, a creación da Axencia Pública Municipal de Aluguer, que como obxectivo fundamental debería ter a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer xusto e social.

Unha das medidas, que levamos non noso programa e repetidamente esiximos, e a elaboración dun censo de vivendas baleiras na cidade, máis de 10.000, co fin de levar a cabo a máxima recarga no IBI que a lei permita, non por un afán recadatorio senón para fomentar que estas vivendas sexan postas en aluguer, preferiblemente a través da Axencia de Aluguer que pedimos que se constitúa o antes posible.

Por desgraza nin o anterior goberno local nin o actual parecen interesados en acometer esta medida que a lei permite.

Tamén esiximos ao Concello que, tal e como pedimos na moción presentada o 16 de abril de 2013, inste ao Goberno da Xunta de Galicia á adopción de medidas legais de similares características ás aprobadas polo Goberno de Andalucía recollidas no Decreto Lei  6/2013 de 9 de abril, de Medidas para Asegurar o Cumprimento da Función Social da Vivenda.

Outras medidas que propuxemos para garantir o dereito á vivenda foi, o 15 de xuño de 2012 por exemplo, que se instase a xestión pública das vivendas dos bancos e caixas co fin de que sexan xestionadas polo Concello, a través desta axencia de aluguer. Tamén propuxemos a creación de axudas para reformas urxentes en vivendas do Concello, moción presentada o 20 de abril de 2012, e o 1 de decembro de 2011 a creación dunha convocatoria de axudas para o pago da hipoteca ou alugueiro en situacións de emerxencia social.

No hay comentarios: