O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela demanda que o Concello leve a cabo as medidas necesarias
para a retirada de calquera símbolo franquista que aínda perdure na cidade.
O 17 de marzo de 2010 presentáramos unha moción para a retirada do escudo
franquista que aínda hoxe se pode ver na facultade de Químicas, para
fundamentar esta petición faciámonos eco de orde CUL/3190/2008 pola que se
ditan instrucións para a retirada de símbolos franquistas nos bens da
Administración Xeral do Estado e os seus organismo públicos dependentes.
Tamén expoñiamos a lei 56/2007, na que no seu artigo 15 establece que as Administracións
Públicas, tomarán medidas para a retirada de escudos, insignias, placas e
outros obxecto ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva,
da sublevación militar, da Guerra Civil e da Represión da Ditadura.
A pesares desta moción, e unha rogativa á USC, tal é como dicíamos daquela,
aínda temos que soportar de forma dorosa para as xentes realmente democrática o
escudo franquista na fachada de Químicas.
Mais non só temos que padecer o ignominioso recordo da longa noite de pedra
da ditadura fascista de Franco nesa facultade, según a información que nos
consta ao Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela na fachada de Correos
cara a Travesa de Fonseca existe un símbolo franquista simplemente tapado,
denigrante para calquera persoa que defensa a memoria democrática do noso país,
debe ser retirado.
Algo similar ocorre nas escaleiras de acceso á estación de tren pois, según
a información da que dispoñemos, tamén se atopa un símbolo franquista oculto á
cidadanía pero aínda hoxe presente cando tiña que haber sido retirado como os
anteriormente citados
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza a seguinte
pregunta para a súa resposta por escrito:
1.
Cando levará a cabo o Concello as medidas
oportunas para retirar os símbolos franquistas existentes nos diferentes
espazos e edificios públicos da nosa cidade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario