lunes, 15 de abril de 2013

Pregunta Refuxio de animais de Bando



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe garantir que se cumpran os dereitos dos animais.

Por iso consideramos que o Refuxio de animais de Bando é un necesario proxecto público, ao que hai dotar debidamente, tanto en persoal como en recursos económicos, para que cumpra debidamente a súa función.

Recentemente o Partido Popular, no que ben se podería considerar como estratexia deliberada para promover a nefasta e innecesaria privatización, está a facer público certas consideracións que deixan entrever esta intención, sendo a última a necesidade de atopar uns 100.000 euros para garantir a viabilidade do Refuxio.

En primeiro lugar, dende o Consello Comarcal de EU, queremos manifestar que é labor do Concello realizar as xestións pertinentes para buscar os recursos económicos que sexan necesarios para o Refuxio.

Por suposto o Concello pode buscar a colaboración dos distintos colectivos da cidade interesados en participar nas melloras que Bando necesita, pero o que non pode ocorrer, e sería inadmisible, é que o PP delegara nestes colectivos o que é a súa función, a de acadar o necesario financiamento.

Como xa manifestaramos con anterioridade, ademais de acadar o orzamento que o Refuxio precisa, consideramos oportuno que o Concello leve a cabo o debate cidadá co que atopar as medidas que consigan liquidar as deficiencias existentes na xestión de Bando.

Estas necesarias medidas teñen que abrir unha nova etapa no Refuxio de animais, procurando unha alternativa ética e eficiente, na que se garantan os dereitos dos animais, fiscalizando debidamente a xestión do Refuxio

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

  1. Que xestións ten previsto levar a cabo o Concello para acadar o orzamento que o Refuxio de Bando precisa?
  1. Que medidas, tralo debate cidadá pertinente, acometerá o Concello para mellorar a xestión do Refuxio de animais?

No hay comentarios: