O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende, unha vez máis, un
novo modelo de mobilidade sustentable, no que o fomento do uso da bicicleta ten
que ter moita relevancia .
Por tal motivo xa manifestáramos, o pasado 13 de xuño de 2012, a nosa total
oposición a supresión do servizo de aluguer de bicicletas, lamentando xa de
aquela a falta de transparencia do Concello ao simplemente dicir que será por
outros medios polos que se preste este servizo, sen maiores explicacións.
E tan obvio a falta de interese do Concello sobre o fomento do uso da
bicicleta como medio de transporte, que na súa páxina web no tocante a este
tema so aparecen informacións sobre actos simbólicos en determinado día.
Por suposto o Concello pode colaborar con calquera outra institución para
levar a cabo as medidas necesarias para fomentar o uso da bicicleta, pero por
exemplo non pode quedar restrinxido este fomento a un colectivo determinado,
como o universitario a través da USC, mentres o resto da cidadanía queda orfa
dun sistema público universal que axude ao uso da bicicleta como medio de
transporte.
Tal e como xa expuxeramos nunha moción, o 12 de febreiro de 2010, o
Concello pode axudar no fomento do uso da bicicleta poñendo a disposición das
veciñas e veciños bicicletas eléctricas que axudan a desprazarse con moitísimo
menor esforzo, polo que axudaría á súa utilización independentemente da
condición física.
É evidente que nesta cidade queda moito por facer para fomentar o uso da
bici, por suposto unha das medidas ten que ser un sistema de aluguer acorde as
necesidades horarias dos usuarios e usuarias e con puntos de recollida e
deixada de bicicletas perfectamente distribuídos pola cidade, acondicionados
para a carga de bicis eléctricas
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Que medidas ten previsto o Concello utilizar para fomentar de forma real e efectiva o uso da bicicleta en Santiago?
- Tralo debate pertinente, fará o Concello un servizo público de aluguer acorde as necesidades das veciñas e veciños?
No hay comentarios:
Publicar un comentario