jueves, 4 de abril de 2013

Pregunta fomento carreiras populares



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o Concello fomente a práctica deportiva entre a cidadanía.

Unha das mellores maneiras de fomentar a costume saudable da actividade física, é a creación das carreiras populares a pé, por suposto sen isto impedir que o Concello procure a promoción doutras modalidades lúdico-deportivas que acaden este obxectivo.

Afortunadamente na nosa cidade temos a posibilidade de disfrutar, no mes de outubro, da carreira pedestre organizada polo Grupo Correo Gallego, multitudinaria mostra de que, non só as veciñas e veciños de Santiago, apoian coa súa presenza que se leven a cabo este tipo de actividades.

O ano pasado, nos meses de xuño, xullo, setembro e outubro, leváronse a cabo catro carreiras no denominado “CorreSAN”, que agardamos teña continuidade neste ano, ademais de apoiar a celebracións dos distintos campionatos de atletismo, ou calquera outro deporte, que se podan levar a cabo na nosa cidade, ou carreiras solidarias que soliciten o apoio a este Concello.

Mais sendo moi bo a celebración destas carreiras, consideramos insuficiente que como fomento real e efectivo da practica deportiva mediante as carreiras populares a pé, a labor do Concello se limite ao total e necesario apoio a Carreira Pedestre e, agardamos que sexa así, o mantemento do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN.

A Promoción por parte do Concello de cinco carreiras populares ao ano é insuficiente, por iso, o 9 de outubro de 2009, presentáramos unha moción na que para a incentivación do deporte solicitábamos a creación de carreiras populares.

Para a confección destas carreiras, obviamente contando coa participación do movemento veciñal e dos colectivos dedicados ao deporte do atletismo na cidade, dende o Consello Comarcal de EU propoñiamos: Milla urbana (1.609 m), Compostela 5.000 (5.000m), A do Demo (6.666 m), Compostela 10000 (10.000 m) e Media Maratón (21.098 m).

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

  1. Que medidas ten previsto o Concello utilizar para fomentar de forma real e efectiva as carreiras populares en Santiago?
  1. Manterá o Concello a celebración do CorreSAN?

No hay comentarios: