O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o
Concello fomente a cultura de maneira activa e efectiva.
Unha das mellores formas para acadar este obxectivo sería que o Concello
fixera todo o posible para fomentar as expresións artísticas na rúa, como, por exemplo,
as actividades musicais que abranguen os máis diversos estilos.
Ten que ser labor do Concello, mediante o diálogo e participación cos
distintos colectivos interesados, promover e, por suposto, non dificultar que
as rúas da cidade de Santiago se convertan nun espazo cultural, onde a
cidadanía poida exercer o seu dereito ao acceso a unha cultura de calidade.
Por suposto estas actividades culturais na rúa poden axudar a que profesionais
da cultura poidan acadar ingresos complementarios que lles axude a sobrelevar o
contesto de crise cultural nefasta que padecemos, como, por exemplo, cos ciclos
do AGADIC ou a contratación dos Concellos de actividades culturais
sumamente mermados.
Outro motivo polo que o Concello debe colaborar nestas actividades, e por
suposto non restrinxilas por mor de actuacións policiais, se debe a que contan
cun amplo respaldo social debido a que supoñen un aliciente, tanto para
residentes como para turistas, que disfrutan desta alternativa cultural que
supón un gran valor engadido aos paseos pola cidade.
Obviamente esta é unha das moitas medidas que se poden levar a cabo para
frear o empobrecemento cultural ao que o PP está a levar a cidade, como
claramente demostran, por exemplo, o peche da Sala Nasa ou a supresión do
Festival Amal, así como os nefastos recortes orzamentarios para a promoción de
actividades culturais que a cidadanía demanda.
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Cales son as medidas que o Concello levará a cabo para fomentar e facilitar o uso da vía pública para realizar actividades culturais ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario