O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A SÚA DEFENSA DO
LAICISMO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA A VASALAXE DAS ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS NA PROXECTADA E ANUNCIADA VISITA DO PAPA.
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, dende a radicalidade laicista, respectan as distintas crenzas
relixiosas da cidadanía.
Por iso, respectaríamos a anunciada e proxectada visita
do Papa Francisco I a Santiago, debido ao necesario respecto democrático que
debe rexer a normalidade da convivencia entre as diferentes crenzas e
ideoloxías existentes na sociedade.
Non obstante, o que é inadmisible, e non pode
volver a acontecer, son as mostras de vasalaxe que as distintas administracións
públicas manifestaron na anterior visita a Santiago dun Papa, a de Bieito XVI
en novembro de 2010, onde mesmo se romperon as normas democráticas de
funcionamento das nosas administracións para impoñer as que rexen no Vaticano.
Non toleraremos o desbaldimento de cartos públicos
para converter as rúas e prazas da nosa cidade, que son das veciñas e veciños,
en altares católicos, todo isto baixo a coacción policial ao se converter
Santiago nun esperpéntico estado policial que non pode volver a ser revivido.
Esiximos, tanto do Concello e a Xunta, a debida
transparencia sobre a posible visita do Papa pois no marco dun Estado
aconfesional, artigo 16 da Constitución, a cidadanía non ten porque costear as
visitas pastorais de quen vén a predicar doutrinas que lexitiman a submisión e
discriminación da muller ao mesmo tempo que ataca modelos de familia presentes
na sociedade e vilipendia a diversidade afectivo-sexual, e que representa a
unha institución que ataca o uso do preservativo, mentres morren milleiros de
persoas a causa da SIDA, e que mantén una actitude deplorable ante os casos de
pederastia acontecidos no seu seo.
Por estes motivos, entroutros, o Consello Comarcal
de EU, dentro do respecto e a normalidade democrática, apoiará e participará
nas posibles actuacións e manifestacións que se podan levar a cabo en defensa
do laicismo e contra as deplorables accións ou posicionamentos que defende a
igrexa católica.
Por último, o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela non considera necesaria, nin beneficiosa en ningún sentido, a
posible visita do novo Papa, e se ten que darse que sexa a conta dos inxentes
recursos que manexa o propio Vaticano, recursos escuros e de dubidosa
moralidade na súa procedencia, así como dos que posúe a propia xerarquía
eclesiástica galega e española.
Esquerda Unida Compostela manifesta, una vez máis,
a necesidade de acadarmos un Estado Laico e aconfesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario