jueves, 18 de abril de 2013

Denuncia por presunta prevaricación contra Ángel Currás



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTA ANTE A FISCALÍA UNHA DENUNCIA POR PRESUNTA PREVARIACIÓN CONTRA ÁNGEL CURRÁS POR PROHIBIRNOS A ENTRADA AOS PLENOS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PIDE A INHABILITACIÓN PARA ÁNGEL CURRÁS POLO SEU COMPORTAMENTO ANTIDEMOCRÁTICO.

O coordinador comarcal de EU Compostela, Xabier Ron, e o secretario de comunicación, Vicente Vázquez, presentaron unha denuncia contra Ángel Currás ante a fiscalía de área de Santiago de Compostela.

A razón que xustifica este demanda e a prohibición de entrada ás sesións plenarias dos representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, este feito ocorreu no Pleno de decembro de 2012, no Pleno ordinario e extraordinario de xaneiro e no Pleno de marzo.

Na defensa dos nosos dereitos como organización política, presentamos o 5 de febreiro un petición debidamente rexistrada para poder asistir a o Pleno, pedindo tamén que se habiliten os medios necesarios para seguir a sesión plenaria en caso de que o aforo este completo.

Proseguindo os cauces legais debidos para a defensa dos nosos dereitos o 14 de febreiro presentamos unha queixa ante o Valedor do Pobo sobre a prohibición de entrada a Plenos, que foi admitida, pedindo que ao Concello as debidas explicacións.

Proseguindo co orde cronolóxico dos acontecementos, expoñemos que no Pleno do mes de marzo foi prohibida a nosa entrada á sesión plenaria, polo que o 22 de marzo presentamos un escrito, debidamente rexistrado, no que pedimos ao Concello que nos informe dos motivos que impediron a nosa entrada ao Pleno, que se nos certifique o motivo de entrada das persoas que si puideron entrar e, por último, que se amplíe a difusión do Pleno por diferentes medios, internet, circuítos de vídeo etc.

O que para nós claramente certifica a presunta prevaricación do alcalde Ángel Currás por prohibirnos a entrada aos Plenos, é o informe da asesoría xurídica do Concello que non se nos remite ate o 9 de abril, pese a ser emito polo Secretario Xeral do Pleno da Corporación o 19 de febreiro en relación co escrito presentado o 5 de febreiro.

Nas conclusións expresadas polo Secretario Xeral do Pleno pódese ler:

“... debemos concluir diciendo que debe garantizarse la entrada en el Salón del Pleno de ciudadanía, o adoptar los medios necesarios para que las deliberaciones  puedan llegar al mayor número posible de vecinos y vecinas, no pudiendo negarle la entrada excepto que por la mayoría absoluta se acuerde el secreto de las deliberaciones y votaciones...”

Tamén se pode ler:

“Los Plenos son totalmente públicos [...] por lo que según dice el Tribunal Supremo, cualquier género de limitación o censura en la obtención de la información se convierte en una conculcación de los principios informadores de los derechos de información, y participación de las ciudadanos en el ámbito político y administrativo.”

O que para nós acredita tamén o comportamento antidemocrático de Currás e presuntamente delictivo son as recomendacións feitas polo Valedor do Pobo no seu informe ante a nosa queixa e que está datado o 16 de abril.

Nestas recomendacións ao Concello pódese ler:

“Debe garantirse aos cidadáns o exercicio do dereito de libre acceso ás sesións plenarias públicas...”

Tamén especifica nas súas recomendacións e se pode ler:

“No suposto de limitacións derivadas da falta de aforo suficiente do salón de Plenos, estas deben fundarse nun procedemento obxectivo que evite arbitrariedades ou discriminacións e compensarse coa utilización de sistemas de megafonía, circuítos de televisión ou redes de comunicación tales como internet...”

Por todas estas cuestións expostas, e máis que poderían certificar a nefasta e antidemocrática xestión de Ángel Currás, presentamos a denuncia na que pedimos a súa inhabilitación para cargo público.

No hay comentarios: