O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA A DERIVA ESPECULATIVA DO
LADRILLO QUE SE LLE QUERE DAR AO ANTIGO HOSPITAL DE GALERAS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE A NECESIDADE DE BUSCAR OUTRO TIPO DE
FINANCIAMENTO PARA A NOVA FACULTADE DE MEDICINA
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera
que o Concello debe prestar e velar porque se presten os servizos públicos que a
cidadanía demanda.
Como defensores da ensinanza pública de calidade e
gratuíta, estamos totalmente a favor de medidas que se acometan para a mellorar
os estudos universitarios que se prestan na nosa cidade, como sería a nova
facultade de medicina.
O que non consideramos admisible é que para
acometer esta obra, tanto a USC como o Concello, parecen desexar acadar o
financiamento mediante a perpetuación do modelo obsoleto e especulador do
ladrillo. Esiximos que a través dos canles debidos coas distintas
administracións públicas se acade o orzamento necesario para esta nova
facultade.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
tal e como xa expresáramos nunha pregunta debidamente rexistrada o pasado 7 de
outubro de 2011, desexamos que estas instalacións sexan utilizadas para ofrecer
os servizos públicos que a cidadanía demanda.
Por exemplo, tal e como expresamos nun comunicado
feito público en xuño de 2011, creemos necesario, que tralo pertinente debate
cidadá, estas instalacións podíanse utilizar como residencia para persoa maiores, cubrindo unha
necesidade cada vez maior tanto neste concello como nos concello limítrofes
Tamén, como xa expuxeramos, dada a ubicación próxima a ambos campus
universitarios, poderíase estudar a súa adecuación como residencia
universitaria, dado que sería un proxecto que beneficiaria a familias de toda
Galicia, que para facilitar os estudos universitarios dos seus fillos e fillas
vense abocadas o gravoso gasto que supón o aluguer nesta cidade
Por último reiteramos que
consideramos lamentable que baixo a escusa da necesaria facultade de medicina,
tanto a USC como o Concello, perpetúen como sistema de financiamento para as
arcas públicas o modelo neoliberal da especulación urbanística, de nefasto
resultado tal e como se pode comprobar na crise-estafa que padece a maioría
social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario