O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O CONCELLO NON CONTESTA AOS
REQUIRIMENTOS DO VALEDOR DO POBO
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE AO GOBERNO LOCAL DO PP QUE CUMPRA CO
SEU DEBER DEMOCRÁTICO
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
considera que, por hixiene e respecto á Democracia, o Concello debe responder
en tempo e forma ás cuestións que se lle presentan.
É inadmisible que, cumprido o prazo dun mes dado
polo Valedor do Pobo para que se conteste aos seus requirimentos polas nosas
queixas, o silencio administrativo sexa a resposta do Concello de Santiago.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
esixe que o Partido Popular respecte á nosa militancia e ás persoas que
depositaron co seu voto a súa confianza na nosa organización, e, como mínimo, que
cumpra coa obriga legal de contestar á figura institucional que representa o
Valedor do Pobo de Galicia.
Ou ben ten moito que agochar ou ben é unha mostra
máis da ingobernabilidade do Concello en mans de Ángel Currás. É imposible, se
realmente hai vontade democrática de transparencia no goberno local do PP, que
nun mes sexa inviable dar unha resposta, acorde coas normas e regulamentos
existentes, sobre cales foron os motivos polos que se impediu a entrada aos
representantes do Consello Comarcal aos Plenos, e cales van ser as solucións
que se adopten para evitar que calquera persoa non poda seguir as sesións
plenarias do Concello de Santiago.
Mesma vontade democrática que se debería ter para
que a outra queixa debidamente presentada, sobre a ausencia de resposta as
nosas preguntas, xa estivera contestada, pois tal e como a normativa regula é
de obrigado cumprimento para as administracións públicas contestar aos
requirimentos remitidos polo Valedor.
Respectando o novo prazo (“máxima urxencia”) que o
Valedor do Pobo lle outorgará ao Concello no novo requirimento que enviou, o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esixe que o alcalde Currás dea as
debidas explicacións públicas á nosa organización política e a toda a cidadanía
que nos apoia.
Por último, unha vez máis, ratificámonos na
necesidade de implementar a Democracia Participativa na cidade, medida que o PP
non quere poñer en marcha (o PSdG e o BNG tampouco implementaron medidas
positivas ao respecto mentres gobernaron) para permitir que a cidadanía poida
colaborar e promover medidas no día a día da cidade.
E, por suposto, cos debidos mecanismos de
transparencia e comunicación para que se respecte o dereito de información a
todo cidadán e cidadá e, incluso, non só a posibilidade de asistir aos Pleno,
senón de formar parte activa deles con intervencións para promover o debate e
participar na conformación da súa cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario