viernes, 15 de febrero de 2013

Queixas ao Valedor do Pobo



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTA DÚAS QUEIXAS ANTE O VALEDOR DO POBO PARA QUE SE FAGAN VALER OS NOSOS DEREITOS COMO CIDADÁNS E REPRESENTANTES DUNHA ORGANIZACIÓN POLÍTICA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA SOLICITA AO VALEDOR A DEFENSA DO NOSO DEREITO COMO CIDADÁNS A ASISTIR AOS PLENOS PÚBLICOS DE SANTIAGO E A QUE AS NOSAS PREGUNTAS DEBIDAMENTE REXISTRADAS TEÑAN RESPOSTA.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, ante a actitude totalitaria e antidemocrática do PP, presenta ante o Valedor do Pobo dúas queixas contra o Concello de Santiago de Compostela.

En primeiro lugar pedimos ao Valedor do Pobo que faga valer o noso dereito á asistencia aos Plenos públicos da cidade, pois, tal e como argumentamos na queixa presentada, o goberno local do Partido Popular esta a vulnerar o noso dereito debidamente recollido en diferente regulamentación tanto local, galega ou estatal.

Tal e como expoñemos, ao noso representante Vicente Vázquez Freire impedíuselle a entrada aos Plenos ordinarios de decembro e xaneiro, e xunto ao coordinador comarcal e deputado de AGE, Xabier Ron, tamén se impediu a entrada ao Pleno extraordinario de xaneiro onde o alcalde debía explicar as súas imputacións.

En todos os casos a escusa esgrimida pola policía local para impedir o dereito a asistir aos Plenos foi que o aforo estaba completo, pero pese as peticións realizadas polos nosos representantes nunca se acreditou por escrito esta orde que vulnera claramente o dereito cidadá a poder asistir ás sesión plenarias, simplemente se utilizou a “acreditación” verbal dunha orde, que tal como expuxeron en varias ocasións viña directamente do alcalde.

Na segunda queixa presentada expoñemos que se vulnera o noso dereito a estar debidamente informados, pois nesta lexislatura, como no anterior do PSdeG e o BNG, o Concello de Santiago non responde as preguntas, debidamente rexistradas e que versas sobre temas locais.

Por iso pedimos ao Valedor do Pobo que defensa e faga valer o noso dereito como cidadáns e representantes dunha organización política legalmente constituída a que o Concello responda ás preguntas que presentamos.

Por suposto, a parte de polo necesario cumprimento da lei e dos regulamentos, estas queixas presentadas se fan para que, como deber democrático, se respecte o traballo dos lexítimos representantes comarcais de Esquerda Unida, se respecte os dereitos da nosa militancia, e por último, pero non menos importante, se respecte a confianza que a cidadanía deposita democraticamente nesta organización.


No hay comentarios: