martes, 19 de febrero de 2013

Prohibición entrada parque en Fontiñas



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE SABER PORQUE ESTÁ PECHADO AO PÚBLICO O PARQUE EN FONTIÑAS ENTRE AS RÚAS BERLÍN E LISBOA E O CAMIÑO FRANCÉS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA QUE O CONCELLO INFORME DEBIDAMENTE DE TODAS AS ACTUACIÓNS QUE AFECTEN A ESPAZOS PÚBLICOS.
 
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera labor básica de calquera Concello informar sobre actuacións que afecten ao uso e disfrute de espazos públicos.

Unha vez máis, ante as protestas veciñais recibidas, un representante do Consello Comarcal acudiu en persoa a comprobar que o parque de Fontiñas, entre as rúas Berlín, Lisboa e o camiño Francés, está pechado ao público por obras, que a simple vista non se observa nin operarios nin maquinaria para facer dita obra.

Tralas denuncias de esta organización sobre o lamentable estado do parque, estaríamos satisfeitos se estas obras se deben a melloras necesarias a realizar neste espazo público, pero unha vez consultada a páxina web do Concello non atopamos ningunha nova sobre que actuacións se van levar a cabo neste parque.
 
Tampouco a veciñanza consultada ten información sobre os motivos que a día de hoxe levan a ter restrinxida a entrada neste espazo público.

Xa é mais que obvio que a investigación xudicial que atenaza ao equipo de goberno local do PP está a afectar a súa xestión, pero é inadmisible que por este motivo non se informe á cidadanía sobre peche de espazos públicos.

A falta de información é tal que é imposible coñecer, neste momento, a que obras, públicas ou privadas, se debe esta prohibición de entrada, é imposible saber se esta prohibición é por un día, unha semana ou máis tempo, se é un erro ou hai motivos.

Por todo isto demandamos que o Concello faga público o motivo que leva a prohibición de entrada neste parque, detallando debidamente cales son as obras que se van realizar ou afectan a este parque público da cidade.

No hay comentarios: