jueves, 7 de febrero de 2013

Deixadez de funcións



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DEFENDE O RESPECTO ENTRE ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS POR HIXIENE DEMOCRÁTICA.

RECLAMAMOS QUE O CONCELLO CONTESTE ÁS PREGUNTAS QUE SE LLE REALIZAN POR SER O SEU LABOR E POR RESPECTO Á ORGANIZACIÓN POLÍTICA QUE REPRESENTAMOS E AOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE APOIAN O NOSO TRABALLO

O Consello Comarcal de EU esixe, como xa o fixo co PSdeG e o BNG, que o PP conteste ás preguntas debidamente rexistradas e que afectan a situacións concretas da nosa cidade.

Ademais dunha ocorrencia, consideramos o anuncio recente do alcalde de facer un parque tecnolóxico no antigo aeroporto como mera cortina de fume e pura mercadotecnia, e, por suposto, lamentamos que a nosa pregunta sobre “que utilidades ten prevista o Concello para o antigo aeroporto”, rexistrada o 12 de xaneiro de 2012, siga sen obter resposta.

Igualmente, denunciamos que segue sen resposta a nosa pregunta, rexistrada o 7 de outubro de 2011, sobre que utilidade pública se lle ía dar ao antigo hospital de Galeras ou se ía ser empregado como mero factor de especulación urbanística.

Polo tanto, é moi factible considerar que o PP non quere responder a nosa pregunta porque non ten ningún plan para este edificio ou que o ten pero non quere facelo público.

O mesmo acontece coa ausencia de resposta a nosa pregunta, rexistrada o 1 de marzo de 2012, onde requeríamos saber cal era a intención do Concello respecto ao proxecto de vivendas públicas en aluguer en Xoán XXII, ou coa pregunta rexistrada o 29 de outubro de 2012, onde ante a venta pola Xunta dun piso en propiedade pública queríamos saber se o Concello a apoiaba ou tiña previsto algunha actuación para evitar que o patrimonio público se dilapidase en lugar de utilizalo para función sociais.

Tamén nos preguntamos que debemos entender ante o silencio do PP antes as preguntas rexistradas o 4 de decembro de 2012, onde queríamos saber cal ía ser a política local respecto a eliminación de barreiras arquitectónicas nos pasos de peóns, que incumpren coa normativa de accesibilidade, ou sobre as prazas de aparcadoiro para persoas con discapacidade co fin de que cumpran a normativa sobre dimensión, ubicación e sinalización.

Por último consideramos inadmisible que as nosas preguntas sobre o recinto de Amio, 10 de outubro de 2011, e sobre o xacemento da Rocha Forte, 6 de xaneiro de 2013, que polos medios sabemos que poderían ter resposta sigan a ser ignoradas por completo por Ángel Currás e o seu equipo. Repetimos, é unha falta de respecto cara aos centos de veciños e veciñas que manifestaron o seu apoio á nosa organización amais de unha desconsideración cara á nosa organización política.

No hay comentarios: