O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou unha nova pregunta ó equipo de goberno para ser repostada por escrito, nesta ocasión desexamos saber se o PP local comparte a actuación da Xunta respecto a un piso da súa propiedade, que posto que non lle atopou utilidade pública decidiu poñelo a subasta.
Aquí tedes o texto da pregunta:
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela sempre defendeu, defende e
defenderá que todas as Administracións Públicas deben colaborar entre si para
velar polos dereitos da cidadanía.
Pero unha vez máis na nosa cidade demóstrase a faciana antisocial do PP, ó
permitir á Xunta que un piso da súa propiedade sexa subastado dado que, segundo
o criterio conservador do Partido Popular, non o necesitan para uso público.
É inadmisible e lamentable, máis aínda no momento de crise no que nos
atopamos, que unha Administración Pública declare que a unha vivenda sexa
imposible darlle un uso público, e deixar este patrimonio da cidadanía nas mans
do lucro privado da especulación urbanística.
Para o Consello Comarcal de EU Compostela é ofensivo que nin se valore como necesario darlle a utilidade pública a este piso. Existen varias posibilidades das que podemos apuntar: a) como residencia temporal para persoas desafiuzadas até que se atope unha solución a súa situación; b) residencia para persoas universitarias que acredite a necesidade de solicitar un aluguer social para poder continuar cos estudos; c) residencia para mulleres vítimas da vilenia machista; d) pese a distancia, como lugar de repouso para os galegos e galegas que teñan un familiar ingresado por longa duración no Hospital.
Son algunha das utilidades públicas que, para este ou calquera outro
inmoble baleiro das distintas Administracións Públicas, mediante o pertinente
debate con tecido asociativo da cidade, se lle pode e debe atopar mellor futuro
que a simple subasta.
Por suposto non só o PP da Xunta é culpable deste senrazón, pois o goberno
local do PP sabía algo desta actuación e apóiaa, ou simplemente non se percata
do que acontece na cidade goberna.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
1) Apoia o goberno local a medida que vai levar a cabo a Xunta?
2) En caso negativo, cal vai ser a política do goberno local neste caso?
3)
Procederá o Concello a un exhaustivo e
continuado estudo das propiedades públicas da cidade en desuso para buscarlle,
tralo debate pertinente, unha utilidade pública?
No hay comentarios:
Publicar un comentario