VALORACIÓN DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 5 DE XULLO DE 2012
O representante do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, Vicente Vázquez, acudiu ó Pleno extraordinario onde se
aprobou a ampliación dos prazos de devolución das liquidacións do PIE (participación
nos ingresos do Estado).
Este Pleno extraordinario, simple burocratización
legal do PP para normalizar legalmente recortes, plans de axuste e outras
barbaridades neoliberais, serviu para que a hipoteca da estabilidade
orzamentaria pase, neste caso, de cinco a dez anos.
En primeiro lugar dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela reiteramos, unha vez máis, o noso total desacordo con
plan de axuste que o PP aprobou que non é mais que suba de impostos a cidadanía
e recortes no persoal do Concello.
No tocante á medida aprobada hoxe queremos
remarcar o noso posicionamento totalmente en contra, pois, ademais de quedar
supeditado o Concello a calquera imposición neoliberal que o ministerio de Facenda
e Administracións Públicas decida, supón unha hipoteca máis, e xa van unhas cantas,
para futuras corporacións municipais, pois supón aumentar os prazos de
devolución de 5 a
10 anos da liquidación da participación nos ingresos do Estado.
Por todos isto dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela reiteramos, unha vez máis, a necesidade de mudar as
políticas neoliberais causantes desta crise, e potenciar as medidas necesarias
para abandonar este sistema económico depredador de recursos humanos e
naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario