O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou hoxe unha nova moción, nesta ocasión, ademais de volver a pedir a creación da Axencia Pública Municipal de aluguer, esiximos que as vivendas baleiras dos bancos e caixas que reciban axudas públicas transpasen a súa titularidade ó Estado, que cederá a súa xestión ós Concellos para garantir o dereito a unha vivenda.
Aquí tedes o texto da moción:
Esquerda Unida Compostela traballa co firme propósito de que o artigo 47 da
Constitución Española, o que proclama o dereito a unha vivenda digna para todas
as persoas, sexa unha realidade e non un imposible para a maioría social.
Por este motivo o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
presentara, o pasado 14 de marzo, unha moción pedindo a creación dunha axencia
pública municipal de aluguer co obxectivo de incentivar a posta a disposición
da cidadanía de vivendas en rexime de alugueiro social.
Mantendo firme a proposta de que a pisos vendidos a particulares, pero baleiros sen motivo, se lle cargue o máximo IBI posible para incentivar a súa inclusión na axencia pública de aluguer, consideramos obsceno e unha inxustiza social que, por considerar activos tóxicos vivendas en perfecto uso, se rescate con cartos públicos bancos ou caixas que quixeron lucrase coa especulación urbanística e impediron que se materializase o artigo 47 da Constitución Española.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela consideramos un
mínimo esixible a calquera banco ou caixa que reciba cartos públicos para o seu
saneamento que ceda ou traspase a titularidade da propiedade deste pisos
baleiros ó Estado, que, á súa vez, cedería a xestión destes inmobles ós
concellos para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Solicitar que as vivendas do stock
inmobiliario dos bancos e caixas que reciban axudas públicas pasen a ser
propiedade do Estado
Segundo. Que as vivendas nacionalizadas pasen a
ser xestionadas polos concellos para garantir o dereito constitucional a unha
vivenda digna.
Terceiro. Crear a axencia pública municipal de
aluguer para xestionar ditas vivendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario