REPRESENTANTES
DO CONSELLO COMARCAL ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REUNÍRONSE COA A.V. O CAMIÑO DAS
FONTIÑAS
O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A ELABORACIÓN PARTICIPATIVA DUN PLAN
GLOBAL DE ACCIÓN NO BARRIO PARA CORREXIR AS DEFICIENCIAS EXISTENTES
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, José María Tubío, Xenxo Redondo e Vicente Vázquez, mantiveron
unha xuntanza con membros da directiva da AV O Camiño das Fontiñas.
Como medida urxente e efectiva os representantes
do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifestaron, unha vez máis,
que a solución, tanto para o barrio que representan na AV O Camiño das
Fontiñas, como para calquera outro dos barrios da cidade, ten que acometerse
dunha maneira global e coordinada non a través de meros parches.
Por iso apoiamos a necesaria elaboración dun plan
global de acción sobre este barrio, que ademais de ser debidamente explicado ós
veciños e veciñas, conte coa súa participación tanto no pertinente debate como
na aplicación de medidas correctoras das deficiencias existentes.
Unha das principais queixas expresadas polos
representantes da AV, foi a situación na que se atopan as beirarrúas no barrio,
dende claras barreiras arquitectónicas que dificultan a mobilidade das persoas,
até o deterioro do piso ou o estreitas que son en varios tramos.
Tamén se criticou que en moitas ocasións as
beirarrúas sexan utilizadas como aparcadoiros improvisados ou a maleza que
existe en algunhas partes, remarcando que aínda existen zonas do barrio que nin
contan cunha necesaria beirarrúa como, por exemplo, a rúa Coto ou a Altiboia.
Outra cuestión tratada na xuntanza foron as
posibles solucións que se poden aplicar para mellorar a circulación no barrio,
remarcando como exemplo, para evitar os riscos existentes, que se mude o
sentido da circulación nas rúas Cotaredo e Jaca.
Resaltar tamén que na mencionada rúa Jaca se
manifestou que tras unhas obras recentes, cometeuse o erro de unir as tubarias
pluviais coas fecais, polo que en algunha ocasión ocorreron problemas cos malos
olores.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela queremos remarcar a inquedanza veciñal polo deterioro de varias
farolas, polo que reclamamos, ademais das melloras pertinentes na iluminación,
un estudio para avaliar o estado farolas do barrio e a substitución das que se
consideren un risco.
Por último recalcar o noso apoio e compromiso coas
reivindicacións veciñais dentro das nosas posibilidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario