viernes, 20 de abril de 2012

Moción arranxo vivendas

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou unha nova moción, nesta ocasión pedimos ó Concello que leve a cabo as medidas necesarias para, tralo debate pertinente cos colectivos da cidade, se constitúan as axudas necesarias para arranxos en vivendas.

Aquí tedes o texto da moción:


O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello, como Administración Pública máis próxima á cidadanía, debe velar por garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.

Razón pola cal xa presentamos, para a súa toma en consideración no Pleno, unha moción pedindo a instauración de axudas no pago da hipoteca para evitar que persoas en risco de exclusión social perdan a súa vivenda, e tamén unha moción reclamando a creación dunha axencia pública municipal de aluguer social.

Como é máis que obvio padecemos unha crise económica, coas consecuencias do desemprego e precaridade laboral, que fai que moitos traballadores e traballadoras da nosa cidade teñan dificultade para facer fronte ós diversos gastos que teñen mensuais, que fan imposible, nunha cidade con moitos edificios que superan os 40 anos, realizar necesarios arranxos nas vivendas xa sexan de albañilería, carpintería, electricidade, pintura ou fontanería..

Sendo en moitos casos imposible recorrer ó crédito nos bancos, é necesario que, mediante o debate pertinente cos diferentes colectivos da cidade, se establezan os medios necesarios e partida orzamentaria pertinente, para que, xa sexa mediante axudas, subvención, microcréditos ou o que se decida, ás familias poidan facer fronte a eses arranxos que a súa vivenda precisa, cumprindo os requisitos que se esixan.

Por suposto, sen ser o importante desta medida, tamén pode colaborar en activar a economía local ó poder ser un requisito desta medida a de que sexan as empresas pequenas do municipio e o comercio local que lles abastece, os encargados de prestar este servizo á cidadanía

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro.- Que o Pleno do concello de Santiago tome as medidas necesarias para creación, mediante o debate pertinente, das axudas para Reformas Urxentes en Vivendas do Concello

No hay comentarios: