jueves, 16 de diciembre de 2010

Defensa das persoas migrantes

COMUNICADO DE PRENSA .

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A SÚA PREOCUPACIÓN POLOS ATAQUES OS SEUS DEREITOS QUE SOFREN AS PERSOAS MIGRANTES .

EU COMPOSTELA ESIXE A TÓDALAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS QUE SE COMPROMETAN NA LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN.

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PARTICIPA E ANIMA A PARTICIPAR NOS DIFERENTES ACTOS QUE SE LEVARÁN A CABO POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MIGRACIÓNS.


O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a súa preocupación polas políticas racista que se están a levar a cabo dende tódalas administración públicas, tanto de Europa como de España, como claramente se reflexa nas Directivas da Vergoña e coa Reforma da Lei de Estranxeiría.

Racismo institucional que quedou claramente refletido o pasado 13 de decembro de 2010, cando no Parlamento Europeo comezouse a debater unha norma polémica, que amosa ben de que forma a Unión Europea naufraga; unha norma anti-persoas migrantes e que consiste en que no seo da Unión Europea os traballadores non comunitarios teñan só os dereitos laborais do seu país de orixe e non os que teñen os traballadores comunitarios. En certo modo é unha Directiva Bolkestein aplicada ás persoas migrantes. Unha auténtica aberración! E, por riba, queren que as pensións só se poidan cobrar no país europeo onde se xerou.

Lamentables actitudes por parte de tódalas administración pública que, unha vez máis, se mostraron en Santiago de Compostela, pois cando tivo lugar o Foro 2010 de Educación Mundial para a Paz, o goberno non concedeu visados a persoas de Nixeria, Guinea-Bissau, Senegal, Serra Leoa, Haití, etc. para que puidesen participar e achegar a súa perspectiva sobre a necesaria cultura de paz, mostrando a súa hipocresía o figurar na publicidade como colaborador do evento.

Por todo isto o Esquerda Unida Compostela considera que se as administracións públicas non mudan o paso das leis que ditan, se non cambian o seu discurso racista, demagogo e populista, é a Democracia a que perde o paso definitivamente.

Por último o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela recordamos que esta semana haberá diversos actos en toda Galicia, un deles o festival intercultural e reivindicativo que terá lugar na Casa das Asociacións de Cornes en Compostela, a partir das 19h, o venres 17 de decembro. Animando, dende EU Compostela, a que se acheguen as persoas que desexen un mundo máis xusto e respectuoso cos Dereitos Humanos
Decembro 2010

No hay comentarios: