miércoles, 26 de septiembre de 2007

Esquerda Unida de Ames presenta o seu Gabinete Xurídico

O consello local de Ames informa que o vindeiro venres 28 de setembro, ás
12 horas da maña, terá lugar no local
multiusos da casa da cultura de
Milladoiro unha rolda de prensa para anunciar a posta en marcha do gabinete
xurídico gratuíto para
os veciños e veciñas de Ames.
Na rolda de prensa intervirán Roberto Szabo Dambrauskas, membro do consello Local
de Ames e do consello comarcal e responsable do gabinete xurídico de Ames e
Iago Patiño, coordinador local de Ames.
Para calquera información que precisen engadir estaremos a súa disposición
nos teléfonos 647474857 e 606958510.

No hay comentarios: