martes, 22 de noviembre de 2016

ESQUERDA UNIDA APOIA A FOLGA EDUCATIVA DO 24 DE NOVEMBRO CONTRA AS REVÁLIDAS E POLA DERROGACIÓN DA LOMCE




A ÁREA DE EDUCACIÓN DE EU apoia á folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada.


A Área de Educación de EU dende o seu  irrenunciable compromiso coa educación pública, vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque forntal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todos e todas a unha educación de calidade en condicións de igualdade. 


viernes, 21 de octubre de 2016

ESQUERDA UNIDA DE COMPOSTELA APOIA E COLABORA NA CONSTITUCIÓN DA PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA



O próximo día 22 de outubro está convocada a asamblea constituinte da Plataforma Feminista Galega que EU Compostela apoia e na que participa. 

Esta plafatorma está promovida por activistas feministas que tanto de forma individual como integradas en coletivos levamos tempo traballando xuntas e por iso decidimos lanzar esta chamada a construír un espazo de traballo común no que podamos sentarnos a debater, a loitar xuntas

Queremos crear un espazo no que o empoderamento das compañeiras ocupe un lugar primordial.

Este espazo que ten como obxectivo transversalizar e visibilizar o discurso feminista na nosa práctica diaria e nas loitas. 

Un espazo plural, aberto a todas aquelas que queiran sumar esforzos.

lunes, 10 de octubre de 2016

Outono 16 En Resistencia, Mobilizacións do 8 ao 15 de outubro 2016!







As organizacións da sociedade civil, sindicais, campesiñas e políticas, novas, homes e mulleres de todo o mundo convocamos un outono en resistencia para esixir a suspensión dos mal chamados acordos de libre comercio e investimentos, como o acordo entre a Unión Europea e Canadá, chamado CETA, como o xa coñecido TTIP que se negocia con EEUU, ou como o aínda ignoto TISA. Estamos convencidas de que para promover unha sociedade igualitaria e respectuosa dos dereitos das persoas e o medio ambiente é imprescindible reformular o sistema de comercio global que, a día de hoxe, únicamente favorece a concentración dos beneficios e do poder en mans de grandes multinacionais.

Algúns Estados membros sitúanse en contra do CETA, cabalo de Troia do TTIP, con todo, a Comisión Europea e outros Estados membros están a empuxar forte para que o tratado asínese canto antes. O goberno de Mariano Rajoy, aínda en funcións, empéñase en embarcarnos sen debate e con présa nun tratado tan daniño como o CETA.

Este outono mobilizámonos nos cinco continentes. É un outono de resistencia con propostas dun modelo económico diferente e máis xusto.

Esquerda Unida de Compostela apoia estas mobilizacións para mudar as cousas e contribuir ao cambio da nosa sociedade para conseguir unha sociedade mais xusta e igualitaria.


lunes, 27 de junio de 2016

ORGULLOS@AS 2.0


Esquerda Unida de Compostela e Compostela Aberta organizadan unha mesa redonda sobre  LGTBIfobia o día 28 de xuño de 2016 as 20:00h. 

Na mesma vanse tratar a fobia contra os distintos colectivos LGTBI, lesbianas, gays, transexuais, bisexuais contextualizados en distintas idades, nenez, mocidade, madurez e 3º idade. 


Este acto estará presentado Concha Fernández, concelleira de Diversidade e o debate será moderado por Marta Lois concelleira de Igualdade de Compostela Aberta

Como poñentes participarán:
Federico Armenteros Ávila, presidente da "Fundación 26 de Diciembre"
Miguel Angel Ruiz Isabel, pai dunha nena transexual
Isabel Quintairos, membra de "Nos Mesmas"
Vanessa Angustia, Senadora de "En Marea"

lunes, 6 de junio de 2016

ALEAS-EU INSISTE NA NECESIDADE DE CREAR UNHA UNIDADE DE ACCIÓN ENTRE OS COLECTIVOS E ACTIVISTAS LGTBI

ALEAS-EU CRE QUE O EXEMPLO DA PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA É O MILLOR ESPELLO ONDE REFLEXARSE

Un ano máis achégase o 28 de Xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, no que se conmemoran os disturbios de StoneWall de 1969 en New York. Un ano máis, miramos cara o noso pasado e sentimos non só Orgullo da nosa identidade, senón tamén Orgullo da nosa historia, orgullosas e orgullosos de onde vimos e cara onde vamos.

Son moitos os espellos nos que mirarse. Moitos referentes que loitaron antes e outros que siguen loitando por un mundo para todas e todos, respectuoso coa diversidade e con admiración pola beleza que iso significa, un mundo plural. Pero tamén é moito o traballo que queda por diante, xa que as agresións van en aumento e aínda que os pasos dados non son en vano, quédanos moito polo que pelexar e seguir na rúa.

martes, 24 de mayo de 2016

EU COMPOSTELA ORGANIZA UN VIDEOFORUM ABERTO DE EU SOBRE A CRISE HUMANITARIA ÁS PORTAS DE EUROPA

VIDEOFORUM ABERTO DE EU SOBRE A CRISE HUMANITARIA ÁS PORTAS DE EUROPA

O próximo día 31 de maio de 2016 as 19:30 no local de Compostela Aberta, na praza do Toural en Compostela

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda e membro da executiva nacional de Esquerda Unida Xabier Ron, gran activista pola defensa dos dereitos humanos e colaborador permanente de asociacións de solidariedade internacional, tamén se contará coa presencia de Nour Al-Hussen activista e politóloga galega-siria gran coñecedora da geopolítica do Mundo Árabe e voz incansable das súas compatriotas silenciadas. Tamén intervirá o voceiro do Foro Galego da Inmigración Miguel Fernández que contará os eixos principais da súa organización e os proxectos e espacios nos que están a traball

miércoles, 18 de mayo de 2016

ESQUERDA UNIDA DE COMPOSTELA APOIA A CAMPAÑA “CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E GLOBALIA” DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

O membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE Xabier Ron participa na mesa informativa “Contra as deportacións, boicot a Air Europa e Globalia”, terá lugar na Praza do Toural, dende as 18h o día 19/5/16, en Compostela

Dende Esquerda Unida consideramos vergoñento e indignante que empresas como Air Europa sigan a lucrarse a costa dos voos de deportación. Tamén sentimos repulsa ao coñecer que, un ano máis, o Ministerio do Interior volve adxudicar un contrato millonario para as deportacións masivas de persoas migrantes a Air Europa e Swiftair, do conglomerado Globalia, empresas que seguen a lucrarse sen ningún tipo de escrúpulos no que a Dereitos Humanos se refire.

martes, 17 de mayo de 2016

Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación da plataforma Queremos Galego o 17 de maio



O idioma é a vida. Maniféstate pola lingua! 
17 de maio Santiago de Compostela


Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación o 17 de maio en Santiago de Compostela, convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “O idioma é a vida”.


Os dramáticos datos relativos á perda de falantes e reflictidos na última enquisa do Instituto Galego de Estadística, así como a análise do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas, evidencian que a política lingüística do goberno de Feijóo é unha política galegofóbica e lingüicida que converte en extranxeira a lingua propia.


viernes, 29 de abril de 2016

MANIFESTO 1 DE MAIO O 1 DE MAIO, REIVINDICANDO A RECUPERACIÓN DOS NOSOS DEREITOS DE CLASE TRABALLADORA

72.000 empregos destruídos nos últimos catro anos en Galicia.
75.000 unidades de convivencia con todos os membros en paro.
32.800 familias sen ningún ingreso.
300.000 traballadoras e traballadores cun salario igual ou menor do SMI.
92% dos contratos foron de carácter temporal no 2015.
40% de taxa de desemprego na xente moza.

Estes son algúns exemplos de datos demoledores cos que se escribe un triste relato dun país que destrúe o seu emprego, un lugar onde os fogares están nunha situación insostible, mentres o Goberno segue a aplicar unhas políticas dirixidas ao enriquecemento dunha minoría. É dicir: estamos a vivir nun país destrutor da economía e inimigo do ben común.